HomePontevedraBaixo MiñoTomiño lidera a transformación enerxética

Tomiño lidera a transformación enerxética

- Anuncio -spot_img

O Concello mellorou o consumo enerxético de 15 edificios municipais, varios colexios e espazos públicos un investimento de máis de 5,3 millóns de euros de fondos europeos e propios

Hai cambios que non se ven pero que marcan a diferenza. Iso é o que acontece no Concello de Tomiño, onde o Goberno municipal está levando a cabo dende hai anos un ambicioso programa de eficiencia enerxética que abarca desde edificios municipais ata colexios e infraestruturas públicas, mellorando o seu funcionamento e reducindo custes económicos e impacto ambiental.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou que “estas actuacións permiten un aforro económico importante, reducen o consumo de enerxía e sitúan ao noso concello á vangarda en materia de sustentabilidade. Non só se trata de mellorar as instalacións, senón tamén de garantir un futuro máis limpo e sostible para a nosa veciñanza”.

Unha aposta estratéxica e planificada coa que se mellorou a eficiencia enerxética de 15 edificios públicos, así como dos colexios Barrantes, Pedro Caselles Beltrán e da Galiña Azul, e se enmarca nun investimento global de máis de 5,3 millóns de euros, xestionados mediante fondos europeos como DUS5000, Next Generation EU ou IDAE e fondos municipais. Estes recursos permitiron non só mellorar o consumo enerxético, senón tamén mellorar a calidade de espazos públicos como as prazas humanizadas no Seixo, en Goián e nas parroquias, facendo máis sostible e moderno o alumeado e os viarios públicos.

Entre as medidas realizadas tamén destacan a instalación de paneis fotovoltaicos ou o cambio de por tecnoloxías LED de baixo consumo, substituíndo xa o 42% das 7.000 luminarias municipais, coas que se prevé un aforro enerxético superior ao 60%. Ademais, tamén se instalaron caldeiras de biomasa para reducir o consumo de combustibles fósiles enovas infraestruturas sostibles, como estacións de carga para vehículos eléctricos.

A alcaldesa rematou sinalando que “cada acción que realizamos neste sentido, desde renovar caldeiras ata instalar iluminación LED, non só supón un aforro económico para o Concello, senón tamén unha contribución real á protección do medio ambiente e á calidade de vida da nosa veciñanza”.

Coas actuacións xa realizadas e as que se prevén para os próximos meses, Tomiño consolídase como un referente en eficiencia enerxética, demostrando que a planificación e a aposta por tecnoloxías sostibles son compatibles coa modernización e o desenvolvemento do municipio.

Publicacións Relacionadas