A sala de exposicións da Casa Mariñeira acolle, desde hoxe, a IV edición da Mostra da Camelia.
A exposición poderase visitar esta fin de semana en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.30 horas.
A iniciativa xurdiu da man da concellería de Turismo e José Ramón Teixeira e Marisol Cameán, dous afeccionados ao cultivo da camelia que promoveron a organización da mostra e fomentaron a participación da veciñanza na mesma.
Co obxectivo de mostrar a beleza e a riqueza das diversas especies na contorna, na exposición participan algo máis de 15 colaboradoras que achegan as súas flores, procedentes da Pobra e de concellos veciños como Boiro ou Rianxo. Ademais, 30 nenos e nenas do colexio Pilar Maestú Sierra forman parte da mesma cunha mostra de fotografías da camelia.
Así mesmo, durante o evento haberá un posto de venda de doces elaborados con aceite de camelia.



