O BNG de Teo sae a rúa, para denunciar as incidencias reiteradas que dende fai meses está a sufrir a veciñanza, ante a falta de planificación de coberturas de profesionais nos diferentes centros de saúde do concello, que ocasiona que aumenten as listas de agarda, e que a veciñanza se teña que trasladar a outros concellos para que lle presten asistencia sanitaria.
Dificultando o acceso a sanidade pública a persoas con doenzas crónicas e crianzas.
Outra das causas que denuncia o BNG de Teo é a tardanza na execución da construción do novo centro de saúde, a día de hoxe a veciñanza de Teo non conta con profesionais de farmacia, odontoloxía, fisioterapia, saúde mental, ou radioloxía nos centros de sáude do seu concello.



