HomePontevedraDiego Moreira deixa paso a Gonzalo Outeiro no Goberno de Soutomaior

Diego Moreira deixa paso a Gonzalo Outeiro no Goberno de Soutomaior

- Anuncio -spot_img

O concelleiro Diego Moreira presentou onte a súa renuncia para incorporarse como secretario municipal nas vindeiras semanas.

O concelleiro Diego Moreira, que viña desenvolvendo as áreas de Réxime Interior, Facenda, Persoal, TIC, Policía Local e Voluntariado no actual Goberno de Soutomaior presentou a súa renuncia no día de onte para desenvolver a súa actividade profesional como secretario municipal.

O nomeamento como interino de Diego Moreira farase efectivo nos vindeiros días, por iso tivo que dar o paso de renunciar o seu posto como concelleiro, para poder desenvolver a súa actividade municipal pola que leva estudando dende hai xa varios anos.

Diego Moreira, de 30 anos, quixo sinalar nesta xornada que “a vida son etapas, e a min tócame poñerlle punto e final a esta como concelleiro e membro do goberno, un paso difícil pero seguro de que é o correcto, foron 3 anos no que tiven o privilexio de poder representar e traballar pola veciñanza, a que lle agradezo enormemente ter confiado en min e as mostras de cariño recibidas estes días, agradecer tamén o apoio e traballo do funcionariado e do resto dos compañeiros de goberno estes anos, agora toca asumir unhas responsabilidades diferentes, dende onde seguirei con orgullo vendo como Soutomaior avanza da man do BNG”.

Dende o Goberno de Soutomaior, o seu alcalde, Manu Lourenzo quixo hoxe “agradecer o traballo de Diego non so como concelleiro e piar fundamental deste Goberno senon por toda unha vida adicada ao compromiso militante no BNG. Entendemos que coa súa idade e a súa formación é obrigado dar este paso na súa vida profesional para estabilizar a súa carreira profesional pero tamén sabemos que a vida e o compromiso de Diego están aquí con nós e seguirá formando parte tanto do traballo político como no día a día das estruturas do BNG. Hai persoas que teñen un valor non soamente político senon tamén humano que as converten en referentes e Diego é unha desas persoas. Pero estamos seguras e seguros que o seu posto queda en boas mans e que Gonzalo será esa persoa que encha ese espazo coa mesma ilusión, formación e compromiso”:

Con este cambio o Goberno de Soutomaior pretende engraxar a maquinaria para o último terzo do mandato. Dende o Goberno teñen claro que está na mellor situación das últimas décadas; na mellor situación económica, de obras e de actividade. E neste contexto é importante que exerzamos o traballo deste fin de mandato coa cabeza posta 100% nos grandes retos que ten este Goberno. Isto, tal e como dixo Manu Lourenzo, “requerirá pequenos axustes que traerán consigo grandes beneficios para a veciñanza de Soutomaior”.

Publicacións Relacionadas