HomeA CoruñaSésamo e Boedo piden atención para os seus locais sociais

Sésamo e Boedo piden atención para os seus locais sociais

- Anuncio -spot_img

Alternativa trasladará ás comisións informativas a necesidade de actuar nos locais sociais de Sésamo e Boedo.


As recentes visitas realizadas polos membros de Alternativa puideron comprobar como o estado de ambas instalacións precisa atención inminente.

No caso do local social de Sésamo, detectouse un notable abandono na zona exterior traseira da instalación, un espazo sen aparente uso que presenta acumulación de suciedade, cableado sen a debida suxeición e a presencia de mobiliario moi deteriorado.

Pola súa banda, o local social de Boedo, a pesar de contar cun uso diario, presenta diversos desperfectos derivados dos últimos roubos rexistrados, aos que se suma a falta de mantemento nos últimos anos, segundo trasladou a veciñanza.

Alternativa subliña a importancia destes espazos no ámbito rural, ao tratarse de puntos clave para aa a participación veciñal e o desenvolvemento comunitario, polo que considera necesaria unha intervención para garantir o seu correcto estado e funcionalidade.

Publicacións Relacionadas