HomeA CoruñaAs rúas de Ribeira vibrarán ao son da música durante a Semana...

As rúas de Ribeira vibrarán ao son da música durante a Semana Santa

- Anuncio -spot_img

 Ofreceranse unha ducia de concertos durante seis días

Grupos e artistas locais encargaranse de dinamizar as contornas dos locais hostaleiros de Ribeira nunha nova edición das Rúas Musicais de Semana Santa neste 2026.

Trátanse dunha ducia de concertos de distintos xéneros musicais que se encargarán de poñer o toque lúdico a esta época.
“Con esta programación queremos poñer o toque lúdico á época de Semana Santa e axudar a dinamizar máis o noso municipio a nivel social e económico. Ademais, é un apoio a artistas e grupos locais e esta proposta servirá de escaparate para o seu talento ao mesmo tempo que se amenizan as contornas dos locais hostaleiros. E entraron nesta proposta tódolos bares que quixeron participar na iniciativa”, apunta o concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes.

Pola súa parte, a edil de Turismo, Ana Barreiro, indica que “increméntase así a oferta cultural cunha proposta para ir consolidándose no calendario de actividade municipal. Animará as nosas rúas aproveitando a chegada da primavera, que xa nos convida a facer maior vida social e, nestas datas, moitas persoas aproveitarán para coller vacacións. Teremos música en distintas franxas horarias e lugares. O bo ambiente e a boa compañía están garantidos.”

Así, preténdese fomentar o concepto do tardeo polos bares ribeirenses e darlle vida noutros horario máis alá do ocio nocturno con alternativas desta índole, como explicou a presidenta da Asociación de Hostaleiros de Ribeira, Paula Chouza, na compaña do tamén socio, David Fernández.

Durante o mes de marzo concentraranse en tres días. No día 27 estará Loren Tevra, ás 20.00 horas, na Pizzería D’Vicio; e, ás 22.30 horas, Amores de Barra irá á Caseira.

Xa no día 28, Dani DJ fará o propio no Cocoluche, ás 16.30 horas, e Ajencia Trivutaria, ás 20.00 horas, na Cafetería Zum Zum. E, no día 29, Airband desprazarase á rúa do Sal, ás 15.00 horas.

No que respecta ao mes de abril, estarán outras tres xornadas. No día 1, Os Buguis tocarán no Liverpool Music Club, ás 22.00 horas; mentres que no día, a música de Airband soará entre no Botter e O Cuco, ás 13.00 horas, e Os Buguis, ás 18.00 horas, no Ventos Vellos e Recoveira. Para finalizar, no día 4, Open Drink situarase na Cambadesa, ás 13.30 horas; Chiña, no Tagen Ata, ás 16.30 horas; Aliaxe, no Clandestino Bar, ás 23.00 horas; e D’Crooners, no Reviravolta Bistro, ás 23.00 horas.

Publicacións Relacionadas