- Reforza e moderniza servizos municipais, de emerxencias, seguridade ou de xestión de residuos
O Concello da Guarda completou a primeira fase de renovación da súa frota de vehículos coa adquisición destes para diversos servizos municipais.
O obxectivo é mellorar e optimizar os servizos municipais para toda a cidadanía. Deste xeito, os vehículos adquiridos están destinados a diferentes áreas.
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, resalta que “esta primeira fase de renovación da frota dos vehículos municipais permite que estes se adapten ás circunstancias e necesidades actuais”.
Durante estes meses adquiríronse dous vehículos renovados para a Policía Local; un remolque lavacontedores e un camión de recollida da fracción orgánica; unha bomba urbana lixeira (BUL) e furgón para o GES; un camión para a realización de traballos eléctricos; e varias furgonetas para o traballo diario dos servizos municipais.
Polo tanto, os vehículos destínanse a diferentes departamentos: medio ambiente, obras e reparacións, seguridade, limpeza, ou emerxencias para todo o Baixo Miño. A renovación do parque automobilístico tamén reforza o seu compromiso co medio ambiente con algúns destes vehículos eléctricos.



