HomeBaixo MiñoA GuardaA foodtruck Sabor das Rías Baixas ofrece petiscos das festas gastronómicas

A foodtruck Sabor das Rías Baixas ofrece petiscos das festas gastronómicas

- Anuncio -spot_img
  • A foodtruck instalarase na praza Avelino Vicente de venres a domingo

Esta fin de semana visítanos a foodtruck da ruta Sabor das Rías Baixas. O vehículo ofrecerá petiscos gratuítos na praza de Avelino Vicente de venres a domingo en horario de 11:30h a 14:30h e de 17:00h a 20:00h.

Esta foodtruck permite coñecer a oferta das festas gastronómicas das Rías Baixas, promocionando e poñendo en valor a gastronomía pontevedresa. Ademais das degustacións inspiradas nos pratos típicos destes eventos, nas food trucks repártese material promocional onde se recollen as datas de celebración, os produtos gastronómicos de referencia cunha breve descrición, e mais o lugar exacto onde se celebra cada festa.

As festas promovidas son a Festa do Lacón con Grelos (Cuntis), a Festa do Caldo de Mourente (Pontevedra), a Festa Encontro-Degustación do Millo Corvo (Bueu), Festa da Ostra de Arcade (Soutomaior), a Festa do Requeixo e o Mel (A Neves), a Festa do Choco (Redondela), a Festa do Salmón (A Estrada), a Festa da Troita (Ponte Caldelas), a Festa do Galo de Curral (Vila de Cruces), a Festa da Langosta (A Guarda), a Festa da Vieira e Festa do Albariño (Cambados), a Feira do Viño do Rosal, a Festa do Carneiro ao Espeto (Moraña), a Romaría da Tortilla de Laro e a Festa da Empanada da Bandeira (Silleda), a Festa do Mexillón e o Berberecho (Vilanova de Arousa), a Festa-Feira do Xamón (A Cañiza), a Festa da Lamprea e a Festa da Lamprea Seca (Arbo), a Festa da Ameixa do Carril (Vilagarcía de Arousa), a Festa da Anguía e Mostra da Caña do País (Valga), a Festa do Viño do Condado do Tea (Salvaterra de Miño), a Festa do Marisco (O Grove) e a Feira do Cocido (Lalín).

Publicacións Relacionadas