HomeOurenseAs procesións do Domingo de Ramos ocasionarán cortes e restricións de tráfico...

As procesións do Domingo de Ramos ocasionarán cortes e restricións de tráfico no centro, A Ponte e A Carballeira

- Anuncio -spot_img

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que as procesións do Domingo de Ramos ocasionarán cortes e restricións de tráfico este domingo, 29 de marzo, pola mañá, no centro da cidade, e nos barrios da Ponte e A Carballeira.

  1. Zona Centro. Ás 11.00 horas sairá a procesión, que discorrerá por Curros Enríquez (Subdelegación do Goberno), Rúa do Paseo, Lamas Carvajal, Praza de Santa Eufemia e Juan de Austria, con entrada á Catedral pola rúa Lepanto.
    • Restricións. Haberá cortes de tráfico nas rúas Xoán XXIII e Concello. O tráfico procedente das dúas rúas será desviado por Xoán XXIII en sentido ascendente cara á Avenida da Habana.
    • Desvíos. Os vehículos que circulen pola Avenida da Habana non poderán acceder a Xoán XXIII e deberán continuar pola propia avenida en sentido descendente.
  1. Barrio da Ponte (Parroquia das Caldas). A procesión sairá ás 11.30 horas e percorrerá a avenida das Caldas, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avenida de Santiago e regreso á Avenida das Caldas. Ocasionará estas restricións:
    • Avenida das Caldas (desde a rúa Gómez Franqueira ata Mercado): o tráfico de Gómez Franqueira desviarase cara á Avenida de Marín. O procedente das rúas Ribeiriño e Ribeira de Canedo irá por Mercado.
    • Rúa Basilio Álvarez (entre a Ponte do Milenio e o Parque da Ponte): o tráfico desviarase pola rúa Xesús Pousa ou cara á Ponte do Milenio.
    • Vicente Risco (entre a Avenida das Caldas e a Avenida de Marín): oO tráfico da Ponte Nova e da avenida de Marín desviarase cara á estación.
    • Avenida de Santiago (entre a rúa Rey Soto e a Avenida das Caldas): o tráfico en dirección centro desviarase pola rúa Rey Soto.
    • Rúa Ático Noguerol: todo o tráfico será desviado pola rúa Rey Soto.
  1. A Carballeira (Parroquia do Sagrado Corazón). O percorrido será pola Praza da Lexión, rúa Castelo Ramiro e praza do Sagrado Corazón. As restricións comezarán ás 11.30 horas.
    • Rúa Castelo Ramiro: o tráfico de Cabeza de Vaca desviarase pola rúa da Bubela e o procedente da praza do Sagrado Corazón irá cara a Nicomedes Pastor Díaz.
    • Rúas Fernández Alonso e Nicomedes Pastor Díaz: o tráfico que pretenda acceder a Pastor Díaz desde Fernández Alonso será redirixido cara á rúa Martínez Sueiro.

Publicacións Relacionadas