HomePontevedraBaixo MiñoO voluntariado do Concello de Ponteareas testemuño do nacemento da asociación “Voces...

O voluntariado do Concello de Ponteareas testemuño do nacemento da asociación “Voces nas Mans”

- Anuncio -spot_img
  • O Concello anima á veciñanza a votar por este proxecto social no concurso Gran Vía SUMA no que participan

O Concello de Ponteareas informa da creación dunha nova asociación de carácter social, trátase da iniciativa social “Voces nas Mans”, unha asociación formada por persoas xordas e oíntes que traballan conxuntamente para promover unha inclusión real baseada na convivencia, o respecto e o coñecemento mutuo.

Este proxecto nace ao abeiro do voluntariado municipal, impulsando un espazo de encontro que favorece a participación activa e a integración efectiva de persoas con diferentes realidades comunicativas. A través das súas actividades, a asociación promove a aprendizaxe da lingua de signos, o achegamento entre comunidades e a creación de vínculos baseados na empatía e na colaboración.

“Voces nas Mans” contribúe así a reducir barreiras sociais e avanzar cara unha sociedade máis accesible, inclusiva e cohesionada.

Na actualidade, a asociación participa no concurso Gran Vía Suma organizado polo centro comercial Gran Vía Vigo, que busca dar visibilidade a proxectos sociais con impacto positivo na contorna. As iniciativas con maior número de votos pasarán á fase final.

O concelleiro de Voluntariado, Cristian Montes, anima á cidadanía “a apoiar con seu voto esta iniciativa ponteareá que representa á perfección os valores de inclusión, participación e compromiso social que queremos promover desde o Concello”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, destaca que “proxectos como ‘Voces nas Mans’ son un exemplo do potencial da nosa veciñanza para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria”. A rexedora fai un chamamento “a todas as ponteareás e ponteareáns para que participen na votación e axuden a dar visibilidade a esta iniciativa tan necesaria”.

As votacións estarán abertas do 24 ao 29 de marzo a través da páxina web: www.granviasuma.com

O Concello convida a toda a cidadanía a implicarse e apoiar este proxecto local que aposta por unha inclusión real e unha convivencia máis enriquecedora para todas e todos.

Publicacións Relacionadas