- O concello de Soutomaior colga o cartaz de completo en inscricións na 7K e na Carreira Infantil da Ostra que se celebrarán este domingo 29 de marzo.
- Unha cita que contará coa súa parte máis solidaria coa presenza da Asociación Bicos de Papel.
Éxito de inscricións na 7K de Soutomaior e na carreira infantil da Ostra que se celebrarán este domingo 29 de marzo no concello.
A 7K conta cun máximo de 300 participantes e conta con 300 inscricións. Unha cita que contará coas categorías femininas e masculinas de: Master A (39-49 anos) Master B (50-60 anos) Master C ( >61 años), Sénior, Sub 20, Sub18, Sub 16. Haberá premios, masculinos e femininos, aos tres primeiros na categoría xeral absoluta (entregaráselle un trofeo e de premio económico 300 ao 1º posto, 200 ao 2º posto e 100 euros ao 3º posto), premios tamén ás e aos tres primeiros clasificados por categoría, segundo o indicado no presente regulamento, e tamén premio aos tres primeiros corredores locais empadroados no concello de Soutomaior (recibirán o premio económico 100 ao 1º posto, 75 ao 2º posto e 50 euros ao 3º posto). Agasallarase cunha camiseta técnica conmemorativa a todos os participantes. A entrega de premios terá lugar unha vez remate a Carreira Infantil da Ostra, en torno ás 13:15h e contará coa presenza do alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, da conselleira do Mar, Marta Villaverde e do concelleiro de Obras e de Infraestructuras, Pablo Garrido.
O percorrido será de 7 kilómetros que separan o Castelo de Soutomaior do Peirao de Arcade.
Servizo as persoas participantes na 7K Soutomaior
A organización habilit un servizo de lanzadeiras o día 29 de marzo de 2026 desde a zona de meta, situada na Área de lecer do Peirao de Arcade, ata a zona de saída, situada no Castelo de Soutomaior.
O servizo estará operativo nos seguintes horarios: 9:00 e 9:50 h. para as corredoras e corredores que o solicitasen cando fixeron a inscrición.
O uso da lanzadeira será gratuíto e estará destinado exclusivamente aos participantes rexistrados na proba, quedando excluídos acompañantes ou outras persoas non acreditadas.
A organización disporá do servizo de gardarroupa na zona de saída, situada no Castelo de Soutomaior. As bolsas serán trasladadas e recollidas posteriormente na zona de meta, na Área de lecer do Peirao de Arcade.
Carreira infantil da Ostra
A carreira infantil da Ostra collerá o relevo da 7K con máis de 500 crianzas inscritas. Trátase dunha carreira que ten como obxectivo a participación, non é competitiva, independentemente do nivel de rendemento acadado. Todo os participantes recibiron o mesmo agasallo como recoñecemento o seu esforzo.
Unha carreira organizada polo concello de Soutomaior e que conta coa colaboración e participación da Deputación de Pontevedra, da Consellería do Mar, e a colaboración tamén de Abanca e CaixaBank, e que está cofinanciada polos fondos da Unión Europea.
Ademais, é a terceira edición na que se realiza unha carreira inclusiva, que responde á oportunidade de participación conxunta de persoas con e sen discapacidade, adaptándose ás posibilidades de cada quen. O percorrido realizase co acompañamento de persoas familiares ou amigas e con persoas voluntarias. Tamén é o terceiro ano que se fai unha carreira adaptada porque se adecúa a proba ás necesidades de cada persoa. Deste xeito, a persoa participante con diversidade funcional con necesidades especiais, realizará un percorrido exclusivo de aproximadamente 150 metros. Unhas medidas incluídas dentro do programa “Soutomaior Inclusivo”.
Os primeiros en arrancar esta carreira da Ostra será a Carreira Inclusiva cun percorrido de 150 metros, a continuación serán as máis pequenas e pequenos da casa os Biberón B que corrererán acompañadas e a acompañados unha distancia de 50 metros, seguidos dos Biberóns A pequenas e pequenos que correrán xa sós una distancia de 150 metros, Premenxamíns 300 metros, Benxamíns 400 metros, Alevíns 500 metros e a categoría de Infantís, os últimos en saír, percorrerán 600 metros.
Nesta edición tamén falamos dunha carreira solidaria, xa que se proporciona visibilidade e posibilidade de colaborar coa Asociación Anedia (Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia).
Recollida de dorsais
As e os participantes na 7K Soutomaior o día da proba, o 29 de marzo , no Castelo de Soutomaior en horario de 9:00 ata as 10:40h.
Para a Carreira Infantil da Ostra ata o 27 de marzo en horario de 16:30 a 21:30h no pavillón e o propio día da carreira, o 29 de marzo, en horario de 10:00 a 11:00h. na Caseta do Peirao.
Tráfico no concello
Debido a celebración destas probas deportivas, o vindeiro 29 de marzo, dende o concello recomendan os desprazamentos.
Haberá cortes de tráfico nos accesos a Arcade entre as 10:45 e as 12:00 horas por Rosalía de Castro cara Soutomaior e Castelo, en ambos sentidos e tamén estará afectada a Área de lecer do Peirao.
Dende o concello informan de que todos os desprazamentos deberán realizarse polas zonas habilitadas (consultar co persoal da organización) e pregan a máxima colaboración cidadá.



