HomeOurenseO Concello convoca o concurso de Maios e Coplas 2026, que repartirá...

O Concello convoca o concurso de Maios e Coplas 2026, que repartirá 42.000 euros en premios e axudas

- Anuncio -spot_img

O prazo de inscrición está aberto ata o día 23 de abril

O Concello de Ourense convoca o concurso que premiará as mellores coplas e composicións que participen na Festa dos Maios 2026, que se desenvolverá o domingo, día 3 de maio. As bases do certame presentan varias novidades: por unha banda, establécense dimensións mínimas para os maios (agás na categoría infantil) e, por outra, redúcese a 6 o número de estrofas que se cantarán diante do xurado. Ademais, o crédito total destinado a premios e axudas aumenta ata os 42.000 euros: mantense o importe dos premios pero destínase unha contía superior ás axudas pola participación.

O prazo de inscrición está aberto até o día 23 de abril, ás 14.00 horas. A información detallada e os formularios están dispoñibles na páxina web municipal e na Concellería de Artes e Festexos.

Estas son as categorías e premios:

  • Premio Maio Artístico: Para obras que recreen escenas cotiás, monumentos ou personaxes con elementos tradicionais, cunhas dimensións mínimas de 1x1x1 metros.
    • 1º Premio: 1.000,00 € | 2º Premio: 800,00 € | 3º Premio: 600,00 €.
  • Premio Maio Enxebre: Para as tradicionais figuras de pirámide, cono ou cruceiro, cunha altura mínima de 1,5 metros.
    • 1º Premio: 700,00 € | 2º Premio: 500,00 € | 3º Premio: 400,00 €.
  • Premio Maio Creativo: Representacións libres con calquera técnica ou material e unha altura mínima de 1 metro.
    • Premio único: 500,00 €.
  • Premio Maio Infantil: Para menores de 18 anos e centros escolares.
    • 1º Premio: 500,00 € | 2º Premio: 300,00 € | 3º Premio: 200,00 €.
  • Premio mellores coplas (en 2 categorías: persoas adultas e infantís): Valorarase a retranca, o ritmo e o uso da melodía tradicional.
    • 1º Premio: 500,00 € | 2º Premio: 300,00 € | 3º Premio: 200,00 €.

Ademais dos premios, o Concello concederá unha axuda pola participación de 400,00 € a cada maio presentado que estea debidamente elaborado.

Publicacións Relacionadas