HomeA CoruñaA Pobra reivindica a memoria histórica con varios actos conmemorativos

A Pobra reivindica a memoria histórica con varios actos conmemorativos

- Anuncio -spot_img

• O día 10 de abril presentarase no Auditorio o libro ‘Manuel Hermo Vidal, unha vida mutilada’

• O Concello tamén colaborará no nomeamento de honra que terá lugar o día 12 no Confurco, Lousame

No marco de continuar co seu compromiso coa honra da memoria das vítimas da represión franquista e reivindicar a recuperación da memoria democrática, o Concello da Pobra do Caramiñal colabora con varios dos actos organizados pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza no marco do Día da República, conmemorado o 14 de abril.

O primeiro terá lugar este venres, 10 de abril, ás 20.00 horas, no Auditorio da Pobra do Caramiñal, coa presentación do libro ‘Manuel Hermo Vidal, unha vida mutilada’, obra do investigador José Antonio Pérez Fernández. A publicación recolle a traxectoria vital de Manuel Hermo Vidal, quen foi rexedor da Pobra e que foi apresado tras o estalido da Guerra Civil e posteriormente fusilado en Boisaca.

No acto participarán o propio autor, José Antonio Pérez Fernández; a concelleira de Memoria Histórica, Patricia Lojo; e a fiscal delegada en materia de Dereitos Humanos e Memoria Democrática da Fiscalía Provincial da Coruña, Mª Encarnación Mayán Santos.

Nomeamento de honra

O domingo, 12 de abril, ás 12.00 horas, terá lugar no Confurco (Lousame) o nomeamento de José Antonio Pérez Fernández como republicano de honra. Durante o acto procederase á lectura do poema de Eme Cartea, contará con actuacións musicais a cargo de Aldara, Sara e Bernal, e rematará cunha ofrenda floral en lembranza das vítimas.

Posteriormente, ás 14.30 horas, celebrarase un xantar de confraternidade con entrada libre ata completar aforo.

Publicacións Relacionadas