Trátase de levar a cabo distintos traballos de reparación e conservación no interior do taboleiro e na cara exterior da lousa superior deste viaduto, na zona
- Estas intervencións enmárcase no programa pioneiro da Xunta de inspección das vías e das obras de paso, para preservar a seguridade dos usuarios das infraestruturas viarias e alongar a vida útil con accións de conservación preventiva
- Esta nova intervención na AG-53 enmárcase no programa pioneiro da Xunta de actuacións preventivas de conservación de estruturas e obras de paso das estradas, preservando a seguridade dos usuarios e alongando a vida útil destas infraestruturas
A Xunta adxudicou por un investimento de máis de 2,6M€ (2.620.991,68€) as obras de acondicionamento e reforzo do viaduto da autovía Dozón-Ourense (AG-53) sobre o río Barbantiño.
A través desta actuación, adxudicada á empresa Puentes y Calzadas Infraestructuras, S.L.U., trátase de levar a cabo distintos traballos de reparación e conservación no interior do taboleiro e na cara exterior da lousa superior do viaduto, do Barbantiño, no tramo do enlace de Cea-enlace coa OU-402 e a A-52, entre os puntos quilométricos 81+134 e 81+914.
Os traballos contan cun prazo de execución de 10 meses, sendo o seu obxectivo devolver á estrutura o estado de durabilidade correspondente aos anos de servizo da mesma. Este viaduto foi inaugurado e posto en servizo o 25 de abril de 2009.
As obras que se definen neste proxecto de construción enmárcanse principalmente dentro do termo municipal de Punxín e parte do termo municipal de Amoeiro.
Esta nova intervención na AG-53 enmárcase no programa pioneiro impulsado pola Xunta de inspección e redacción de proxectos de conservación de estruturas e obras de paso das estradas autonómicas, co obxectivo de preservar a seguridade dos usuarios das infraestruturas viarias e alongar a vida útil destas mediante actuacións de conservación preventiva.



