· “Se non se licitan as obras de xeito inmediato en 2026 haberá que esperar a 2027 para velas en execución, o que sería insistir no enorme desprezo á cidade e aos veciños de Ourense”, sinala o deputado Celso Delgado
O 20 de febreiro de 2026 os deputados ourensáns do PP, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana rexistramos no Congreso, esta pregunta dirixida ao Gobierno:
Despois de un enorme atraso que data de 2026 compromete ADIF para licitar as obras de mellora da permeabilidade da cidade de Ourense na Rúa de Ramón Puga (punto quilométrico 244/881 da liña ferroviaria Zamora-A Coruña) e a Rúa de Tarascón (p. k. 48/241 da liña Monforte-Vigo)?
A resposta do Gobierno chegou o 25 de marzo de 2026 e foi a seguinte:
“En relación co asunto interesado, sinálase que os proxectos correspondentes á Ponte de Tarascón e ao Paso Inferior en Ramón Puga en Ourense atópanse aprobados e en fase previa de licitación”
VALORACIÓN DA RESPOSTA
Unha vez máis a resposta é insuficiente e decepcionante xa que vencido o primeiro trimestre de 2026, ADIF, entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible elude comprometer unha data de 2026 para licitar as necesarias obras de mellora da permeabilidade en dúas zonas da cidade de Ourense.
Os deputados populares denuncian que xa transcorreron xa case nove anos desde que se asinou en xuño de 2016 un Protocolo entre o Concello e ADIF para desenvolver a permeabilidade nestes puntos.
Ademais, pasaron xa catro anos e tres meses desde que en decembro de 2021 asinouse polas partes o convenio para desenvolver a permeabilidade nestas zonas.
Nesta liña, se ADIF non licita as obras de xeito inmediato en 2026 haberá que esperar a 2027 para velas en execución, o que sería un enorme desprezo a cidade e moi en especial aos veciños de Tarascón e aos do populoso barrio ao que se accede pola rúa Ramón Puga.
ANTECEDENTES DAS ACTUACIÓNS
O 22 de xuño de 2016 o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e a ministra de Fomento, Ana Pastor, asinaron un Protocolo de Colaboración entre o Concello de Ourense e o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias para o desenvolvemento da permeabilidade da Cidade. Nel facíase constar que “A liña ferroviaria Zamora- A Coruña que atravesa a cidade, localizándose un paso inferior na rúa Ramón Puga, antiga estrada de Rairo, pk. 244/881 de gálibo e anchura reducida e non está dotado de beirarrúas. E a liña ferroviaria Monforte-Ourense-Vigo que atravesa a cidade, localizándose un paso superior á mesma no p. k. 48/241 na rúa Tarascón, no que non se poden cruzar dous vehículos, e non está dotado de beirarrúas”.
O 10 de decembro de 2021 informou ADIF por medio dunha nota de prensa que a presidenta, María Luisa Domínguez, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez, asinaron un convenio para o desenvolvemento e mellora da permeabilidade da cidade na Rúa de Ramón Puga (punto quilométrico 244/881 da liña ferroviaria Zamora-A Coruña) e a Rúa de Tarascón (p. k. 48/241 da liña Monforte-Vigo).
Afirmaban que “o investimento previsto nas obras de mellora ascende a 1.172.511,42 euros (IVE incluído), cantidade que será financiada ao 50% por ambas as institucións (586.255,71 euros cada unha)”. E engadían que “o presente convenio dá continuidade ao protocolo de colaboración asinado entre Adif e o Concello de Ourense o 22 de xuño de 2016 para o desenvolvemento da permeabilidade na cidade. Adif conta xa cos proxectos redactados para ambas as actuacións.”
En marzo de 2022 a Subdirección de Pasos a Nivel de ADIF informaba que “procedeu á o envío da Solicitude de Inicio da Contratación e estima que no segundo semestre do ano 2022 poderán iniciarse as obras. O prazo do contrato sería de 10 meses.
Máis tarde o 28 de novembro de 2022 respondeu a estes deputados por escrito dicindo que “está a actualizar senllos proxectos de acordo coa Base de Prezos de xullo de 2022 para proceder posteriormente á súa licitación”
E desde esta data ADIF non parou de dar escusas para non licitar as obras. En febreiro de 2023 dixo que seguía actualizando os prezos. En febreiro de 2024 dixo que suspendera a licitación e que seguía redactando os proxectos. En outubro de 2024 dicía que os proxectos estaban en fase final de aprobación e na 2ª reunión da Comisión de Seguimento do Convenio, celebrada o 17 de xuño de 2025 o subdirector de Pasos a Nivel de ADIF, informou que o anuncio de licitación publicarase no mes de novembro de 2025, pero tal cousa non ocorreu, xa que houbo que aprobar unha Addenda modificativa e de prórroga do Convenio co Concello de Ourense, por un período de catro anos desde o prazo de finalización do período inicialmente acordado.
E tamén coa addenda modificouse o financiamento das actuacións, cuxo custo total estímase en 2.397.555,22€ euros (IVE incluído, fóra das expropiacións) e será asumida polas partes ao 50%. Deste xeito ADIF financiará 1.198.777,61 € e o Concello 1.198.777,61 €
Lembramos que o custo pactado no Convenio de 2021 era de 1.178.550 € (IVE incluído) e seria asumido polas partes ao 50%. Deste xeito ADIF financiaría 589.275 € e o Concello 589.275 €. Produciuse tras a addenda un incremento do custo das obras de 1.219.005 € e para o Concello de 609.502 €. Un 103,43%.
A addenda foi publicada no BOE o 29 de decembro de 2025 e tres meses despois ADIF segue sen licitar as obras e limítase a responder que “os proxectos se atopan en fase previa de licitación”



