HomeVigoO PorriñoO comercio do Porriño ten a súa disposición a intelixencia artificial para...

O comercio do Porriño ten a súa disposición a intelixencia artificial para impulsar as súas vendas

- Anuncio -spot_img

● A UNED organiza, coa colaboración do Concello do Porriño, unha xornada formativa de balde o vindeiro 10 de xuño para dotar aos negocios locais de ferramentas dixitais de vangarda

● Xa está aberto o prazo de inscrición

O Porriño, XX de abril de 2026. O comercio de proximidade do Porriño pode dar un paso cara ao futuro. A UNED pon nas súas mans as ferramentas. O vindeiro mércores 10 de xuño, a aula da UNED do Porriño converterase no epicentro da innovación comercial cunha sesión dedicada á implementación práctica da Intelixencia Artificial (IA) nos negocios locais.

A xornada, que terá lugar de 20:30 a 22:30 horas, para facilitar a asistencia, está deseñada especificamente para autónomos e persoal asalariado que desexen modernizar a súa estratexia de venda sen perder a esencia do trato directo co cliente. IA para vender máis e mellor

A formación correrá a cargo de Iria Álvarez, consultora estratéxica e experta en crecemento dixital, quen amosará como a IA pode ser a mellor aliada do “tenda de toda a vida”. Entre os obxectivos principais destacan:
● Marketing sen complicacións: Uso de ferramentas para crear automaticamente publicacións en redes sociais e descricións de produtos atractivas.
● SEO Local: Estratexias para que os comercios do Porriño aparezan nos primeiros postos de busca cando un veciño busque un produto próximo.
● Fidelización intelixente: Analizar o comportamento dos clientes para ofrecer promocións personalizadas e garantir que volvan ao establecemento.
Un formato adaptado á axenda comercial
Entendendo as dificultades de conciliación e os horarios do sector, a UNED ofrece tres modalidades de asistencia, todas elas gratuitas:

  1. Presencial: Na sede da UNED Porriño, pero xa fora de horario laboral.
  2. Online en directo: A través de Microsoft Teams.
  3. En diferido: Para que os comerciantes poidan ver a sesión ao pechar os seus negocios, no momento que mellor lles conveña.
    Inscrición aberta: Os interesados deben formalizar a súa matrícula a través da plataforma da UNED. É imprescindible rexistrar correctamente os datos persoais (NIF e nome completo) para obter o certificado de aproveitamento, que require a asistencia ou visionado do 85% das horas lectivas.
    Esta iniciativabusca dotar ao tecido comercial porriñés das habilidades necesarias para competir nun mercado cada vez máis dixitalizado, transformando a tecnoloxía nunha oportunidade de crecemento para a economía local.

Publicacións Relacionadas