HomeOurenseLuis Menor pon a María del Carmen Yáñez, que renova a presidencia...

Luis Menor pon a María del Carmen Yáñez, que renova a presidencia do PP de Lobios, como “exemplo da estabilidade política que os populares representamos na provincia”

- Anuncio -spot_img

·      A tamén alcaldesa tivo palabras de agradecemento para todas as persoas que lle apoiaron no seu traballo en Lobios desde hai quince anos, así como a dirección provincial do partido por seguir confiando no seu labor, esta vez renovando o liderado dos populares locais

·      O presidente provincial subliñou que cando hai un proxecto claro “a xente confía, pero tamén todos vós sodes necesarios para xerar esa confianza”, apuntou dirixíndose a afiliados e simpatizantes para que poñan en valor que “tras cada avance en Lobios está detrás o selo do PP e a xestión de Mari Carmen” 

María del Carmen Yáñez Salgado renovou a presidencia do Partido Popular en Lobios no congreso celebrado pola agrupación local e no que o presidente provincial, Luis Menor, destacou a figura da tamén alcaldesa como “exemplo da estabilidade política que os populares ofrecemos e representamos na provincia”.

Xa como presidenta local, María del Carmen Yáñez tivo palabras de agradecemento para todas as persoas que lle apoiaron no seu traballo en Lobios desde hai quince anos, así como á dirección provincial do partido por seguir confiando no seu labor, esta vez renovando o liderado dos populares de Lobios.

Pola súa banda, Luis Menor destacou que continúa a folla de ruta marcada para actualizar e fortalecer as agrupacións locais, “agora referendando a Mari Carmen como presidenta local, un modelo de constancia, encadeando maiorías absolutas desde 2011”.

O presidente provincial subliñou que cando hai un proxecto claro “a xente confía, pero tamén todos vós sodes necesarios para xerar esa confianza”, apuntou dirixíndose a afiliados e simpatizantes para que poñan en valor que tras cada avance en Lobios está detrás o selo do PP e a xestión de Mari Carmen”.

Estas son as bases para manter “o motor do Partido Popular de Ourense a pleno rendemento”, engadiu Menor, que lembrou os grandes obxectivos do partido para o ano 2027, como son superar as 54 alcaldías actuais, recuperar a maioría absoluta na Deputación e ser decisivos na capital, ademais de poñer os piares para a vitoria de Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda.

Publicacións Relacionadas