HomePontevedraPontevedraDomínguez esixe a Lores medidas urxentes para frear a subida do 20%...

Domínguez esixe a Lores medidas urxentes para frear a subida do 20% do prezo da vivenda en Pontevedra

- Anuncio -spot_img

• O líder do PP acusa o nacionalista de “falta de planificación e pésima xestión” para reverter unha tendencia alcista que afecta especialmente a Pontevedra, converterá na terceira das 52 capitais de provincia onde máis aumentou o prezo da vivenda

• O Partido Popular aposta pola renovación do PXOM de 1989, acelerar a concesión de licenzas municipais, reforzar a área de Urbanismo, mellorar a transparencia do Concello e reunirse periodicamente cos colexios profesionais para “crear unha Pontevedra máis áxil, moderna e ambiciosa”

O presidente local e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, esixiu ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que impulse medidas urxentes e necesarias desde o Concello para frear a escalada do prezo da vivenda, cunha subida interanual do 19,8 por cento.

Domínguez acusou ao rexedor nacionalista de “falta de planificación e pésima xestión” ante un dos maiores problemas da cidade, a pesar das reiteradas propostas da formación azul para reverter esta tendencia alcista que afecta a todo o país pero especialmente a Pontevedra, convertida na terceira das 52 capitais de provincia onde máis aumentou o prezo da vivenda, como reflicten os últimos datos publicados por Tinsa, sociedade de taxación homologada polo Banco de España.

O dirixente do PP de Pontevedra mantense firme na defensa dunha necesaria actualización do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para planificar o crecemento urbanístico da cidade nas próximas décadas, acelerar a concesión de licenzas municipais para reducilas a un máximo de tres meses coas ECCOM, agendar reunións periódicas cos colexios profesionais do sector, dotar de medios humanos e materiais á área municipal de urbanismo e mellorar a transparencia na xestión do Concello de Pontevedra. Medidas que o Partido Popular levará no seu programa electoral para as eleccións municipais de 2027.

“Os prezos da vivenda en Pontevedra soben máis que no resto de cidades galegas por culpa da desidia de Lores. O alcalde négase a modificar un PXOM desfasado de 1989, que estrangula o crecemento da cidade e que afecta directamente os pontevedreses, especialmente aos máis novos, que se ven abocados a mirar outras opcións fóra da cidade ante a subida desorbitada dos prezos”, afirmou Domínguez tras citar outros concellos de Galicia e da comarca pontevedresa que fixeron os deberes en materia urbanística.

O líder dos populares pontevedreses lembrou que o BNG foi o único partido que en 1989 votou en contra do PXOM vixente que agora defende contra vento e marea. “Lores amente dicindo que un novo Plan Xeral sería prexudicial para a cidade cando a realidade é que hai anos gastouse 1,3 millóns de euros das arcas municipais para impulsar un novo que finalmente gardou nun caixón. Unha novo PXOM é necesario para ampliar o chan urbanizable, desbloquear o desenvolvemento urbanístico da cidade, especialmente do rural, e achegar seguridade xurídica a particulares e empresas”, engadiu.

Domínguez apremou ao alcalde para tomar as súas propias medidas ou aplicar as propostas polo PP de inmediato para que Pontevedra deixe de ser o terceira capital de provincia de España na que máis sobe a vivenda: “O único responsable é Lores porque non soubo xestionar o crecemento da cidade, o mesmo que sucede coa xestión do Mercado de Abastos, a planta de compostaxe inexistente da Canicouva, o peche do único museo municipal (CITA), a falta de usuarios do Coche de Punto, as pelexas continuas da cidade ou a reiterada promesa incumprida do Pavillón da Parda”, concluíu.

Publicacións Relacionadas