HomeBaixo MiñoA GuardaA Casa dos Alonso estrea a exposición ‘Mar de ideas’ de tallas...

A Casa dos Alonso estrea a exposición ‘Mar de ideas’ de tallas de madeira

- Anuncio -spot_img
  • A mostra inaugúrase este venres 10 de abril ás 19:00 horas

Este venres ás 19:00h inaugúrase a exposición “Mar de ideas” de Xosé Manuel Rodríguez Mojón, “MOXOM” na Casa dos Alonso.

Trátase dunha exposición que mostra unha escolma esculturas da súa traxectoria, tamén algunhas inéditas. O autor sinala que “como indica o título, as ideas para crear son para min como o mar: infinitas e inagotables”.

MOXOM é un artista autodidacta que leva máis de 30 anos tallando madeira. Esta madeira recóllea de encoros, camiños e leiras para darlle unha nova vida. Coa súa obra, de máis de 3000 pezas, leva ás súas costas máis de 85 exposicións entre España e Portugal.

A mostra poderase visitar dende o día 10 ata o día 24 de abril na Casa dos Alonso, de luns a venres de 9 a 15h.

Publicacións Relacionadas