HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación impulsa a participación democrática no rural a través do proxecto...

A Deputación impulsa a participación democrática no rural a través do proxecto europeo ProVote

- Anuncio -spot_img

A institución provincial é un dos socios europeos deste proxecto, liderado por Partenalia e que baixo o título “Cartografía da participación: da desconexión rural á acción democrática”, pretende fortalecer a implicación cidadá nos territorios rurais e reforzar o vínculo entre as institucións e a poboación

O deputado de Dinamización do Medio Rural da Deputación de Ourense, Xosé Miguel Pérez Blecua, presentou hoxe o proxecto “Cartografía da Participación: da desconexión rural á acción democrática”, unha iniciativa europea, liderada por Partenalia e na que a institución provincial participa, orientada a fortalecer a implicación cidadá nos territorios rurais e reforzar o vínculo entre as institucións e a poboación.

Durante a presentación, á que asistiron alcaldes e concelleiros dos concellos de Bande, Paderne de Allariz, Maside, Carballeda de Avia, Chandrexa de Queixa, San Cristobo de Cea, Gomesende e Verea, entre outros, destacouse a importancia de achegar a democracia ao territorio e promover espazos de participación adaptados á realidade rural.

O proxecto busca combater a desconexión institucional detectada no rural, promovendo ferramentas de participación cidadá, encontros locais e dinámicas colaborativas que permitan trasladar as demandas da poboación ás políticas públicas. A iniciativa inclúe accións de formación, dinamización e diálogo directo co territorio, apostando por modelos híbridos que combinen ferramentas dixitais con espazos presenciais de confianza.

Xosé Miguel Pérez Blecua destacou que “a democracia tamén se constrúe dende o rural, escoitando ás persoas e xerando espazos de participación real”, subliñando o compromiso da Deputación co equilibrio territorial e coa dinamización social dos concellos da provincia.

Publicacións Relacionadas