HomeO MorrazoBueuO concello de Bueu comeza as obras do novo parque urbano Lugrís

O concello de Bueu comeza as obras do novo parque urbano Lugrís

- Anuncio -spot_img
  • Haberá restricións no aparcadoiro de As Lagoas, e xa dende este martes está prohibido estacionar na marxe pegada ás lombas
  • Neste novo espazo de convivencia interxeracional instalarase un novo skate park e un bowl, re acondicionarase a pista multideporte, ademais de habilitarse sendeiros e unha gran praza pública

O Concello de Bueu comezou esta semana coas obras do novo Parque Urbano Lugrís, na zona de As Lagoas. Despois da sinatura o luns da acta de replanteo, a empresa adxudicataria Construcciones Castro Figueiro SLU xa arrancou cos traballos na zona, que suporá toda a súa mellora integral e facer realidade un proxecto extraordinario e estratéxico para a vila no que o goberno local leva varios anos traballando.

Para tentar paliar o máximo posible as restricións, nesta primeira fase das obras o Concello e a empresa pretenden manter unha parte do aparcadoiro operativa mentres non se avance no pavimentado deste. Así vanse limitar os aparcamentos nunha das marxes do aparcadoiro das Lagoas, xustamente o que se atopa pegado ás lombas. A continuación limitarase tamén o fondo da finca habilitada ao lado do actual skate park para preparar provisionalmente uns campos de petanca mentres duren os traballos. Félix Juncal, alcalde da vila, explica que “as obras renovarán todo este centro urbano de Bueu, pero vai haber algunhas molestias para a veciñanza, á que pedimos paciencia porque vai merecer a pena”.

As obras do Parque Urbano Lugrís foron adxudicadas por un importe de 899.805,54 euros, IVE engadido, e fináncianse con fondos da Deputación de Pontevedra, a través do Plan Provincia Extraordinaria (Plan Extra) e do Plan Máis Provincia. A proposta suporá a instalación dun novo skate park e un bowl, ademais do re acondicionamento da pista multideporte, sendeiros interiores e a creación dunha gran praza pública, polo que será un espazo de convivencia interxeracional.

As liñas centrais serán o re acondicionamento da actual pista multideporte, a creación dun novo “skatepark” e un “bowl”, sendeiros interiores e a construción dunha gran praza pública. Entre os cambios máis salientables están o traslado dos campos de petanca, que se ubicarían na parte traseira doo CPR Virxe Milagrosa; a expansión da gran praza pública situada ao lado da pista multideporte, que inicialmente tiña unha superficie de 1.000 metros cadrados e que chegará agora ao borde da rúa Johan Carballeira e da entrada ao aparcadoiro cunha zona de transición; e o cambio do pavimento no aparcadoiro, co fin de que no futuro se poida instalar unha cuberta que sirva de acubillo para os múltiples eventos e actividades que se organizan na zona. A maiores prevese a plantación de máis especies arbóreas para reforzar a zona verde.

Este espazo, que se sitúa na zona de As Lagoas nunha franxa de 5.000 metros cadrados, será unha área de confluencia de usos deportivos, ocio e incluso económicos, e estará conectado a través dunha rede de sendeiros seguros con outros equipamentos e instalacións.

Publicacións Relacionadas