HomePontevedraCaldasComenzan os traballos de mellora do firme en preto de 9 quilómetros...

Comenzan os traballos de mellora do firme en preto de 9 quilómetros da N-640 au seu paso por Caldas de Reis

- Anuncio -spot_img

O alcalde, Jacobo Pérez, lembra que as obras no tramo do casco urbano levaranse a cabo durante a noite e que será necesario acometer restricións de estacionamento

O prazo de execución para a realización da obra ao completo, que conta cun orzamento superior aos 2,2 millóns de euros, será duns dez meses aproximadamente

Onte luns deron comezo os traballos de asfaltado para a mellora da estrada N-640 ao seu paso polo termo municipal de Caldas de Reis. As primeiras actuacións estanse a levar a cabo na contorna de San Andrés, tal e como explicou o alcalde, Jacobo Pérez, que resalta a importancia de que se faga realidade unha actuación que foi demandada polo Concello en varias ocasións. Pérez Gulín agradeceu “o interese e a sensibilidade que tivo a Subdelegación do Goberno en Pontevedra para tramitar esta obra no noso municipio”.

O rexedor caldense lembrou que os traballos tamén afectarán ao casco urbano. Chegado o momento, será necesario acometer un operativo especial de tráfico, que incluirá prohibicións de estacionamento no centro. Ademais, adiantou que eses labores levaranse a cabo polas noites, entre as 22.00 horas e as 8 da mañá do día seguinte, co obxectivo de que afecten o menos posible á circulación de vehículos.
“Agradecemos tamén a comprensión e a paciencia da veciñanza, necesarias para que esta obra sexa unha realidade”, apuntou Jacobo Pérez, que incidiu tamén na necesidade desta mellora, especialmente despois dun invierno tan difícil, no que as condicións meteorolóxicas pasaron factura ao firme. O pavimento presentaba deficiencias en diferentes puntos que agora serán subsanados grazas a unha actuación que conta cun orzamento que ascende a uns 2,3 millóns de euros aproximadamente.

A actuación estenderase a través duns 9 quilómetros, cubrindo practicamente todo o tramo da N-640 pertencente ao termo municipal de Caldas de Reis. A Subdelegación do Goberno en Pontevedra estima o prazo de execución nus 10 meses aproximadamente. Os traballos deron comezo unha vez rematada a Semana Santa, para non afectar ao tráfico nunha época na que hai un maior número de desprazamentos. Pérez Gulín incidu no seu agradecemento ao subdelegado, Abel Losada, pola súa sensibilidade á hora de ter en conta unha mellora moi solicitada pola veciñanza. “Se non se acometeu antes foi, precisamente, polos meses de mal tempo que tivemos durante todo o inverno e parte do outono”, lembrou o alcalde.

A mellora do firme da estrada nacional lévase a cabo a trafés do Programa Pavimentos Asfálticos Eficientes (EFAPAVES), impulsado polo Ministerio de Transportes, a través do cal se executan este tipo de traballos apostando por materiais máis eficientes e respectuosos co medio ambiente. O financiamento chega a través de fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Publicacións Relacionadas