HomeOurenseA  Policía Local informa dos cortes e restricións de tráfico con motivo...

A  Policía Local informa dos cortes e restricións de tráfico con motivo das festas de Barrocás

- Anuncio -spot_img

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a celebración das festas do barrio de Barrocás ocasionará cortes e restricións de tráfico. As zonas afectadas serán:

  • Rúa José Antonio Nieves Conde: desde as 19.00 horas do mércores 8 ata a retirada das atraccións (o martes pola mañá), estará cortada desde a rúa Serra de San Mamede ata a glorieta de Carlos Velo.
  • Rúa Chano Piñeiro: estará cortada ao tráfico desde as 20.00 horas os días 10 e 11 de abril. Permitirase o acceso aos garaxes ata as 22.00 e as 22.30 horas, respectivamente.
  • Rúa Chano Piñeiro (domingo): estará cortada o domingo 12 desde as 18.30 ata as 22.00 horas, tras rematar a verbena (permitindo o acceso aos garaxes).

Publicacións Relacionadas