HomeXunta de GaliciaA Xunta adxudica o contrato de servizos de redacción do proxecto de...

A Xunta adxudica o contrato de servizos de redacción do proxecto de interese autonómico do futuro Car de Galicia

- Anuncio -spot_img
  • O orzamento do traballo ascende a máis de 117.000 euros e ten un prazo de execución de 16 meses
  • Grazas a esta infraestrutura que se creará en Pontevedra poderanse aumentar as instalacións e servizos do actual Centro Galego de Tecnificación Deportiva

A Xunta publicou na Plataforma de contratos públicos de Galicia a adxudicación a Alfonso Botana do contrato de servizos de redacción do proxecto de interese autonómico (PIA), así como  a redacción do proxecto de parcelamento para a obtención do solo destinado á construción do futuro Centro de Alto Rendemento (CAR) de Galicia en Cernadiñas Novas, no concello de Pontevedra.

O orzamento do traballo ascende a máis de 117.000 euros e ten un prazo de execución de 16 meses. Resólvese así a licitación publicada o pasado decembro por un importe superior a 152.000 euros mediante un procedemento de adxudicación aberto, con aplicación dunha pluralidade de criterios de adxudicación, por ser o que mellor garante os principios de igualdade e transparencia e o que facilita a libre concorrencia das licitadoras, así como a consecución das mellores condicións contractuais para a Administración.

Logo da declaración de interese autonómico do proxecto polo Consello da Xunta en marzo do pasado ano, con esta adxudicación séguese avanzando no obxectivo final de que Galicia conte cun Centro de Alto Rendemento Deportivo. Grazas a este CAR poderanse aumentar as instalacións e servizos do actual Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), co propósito de incrementar o número de prazas que esixe o deporte galego de alto nivel, que crece ano tras ano. Búscase tamén darlle cabida a modalidades deportivas novas e mellores infraestruturas ás existentes, dotando a Galicia dun centro de referencia para o deporte de alta competición.

Esta ampliación levarase a cabo nuns terreos de máis de 120.000 metros cadrados na parroquia de San Andrés de Xeve, coñecidos como Cernadiñas Novas, no concello de Pontevedra, situados a tan só sete quilómetros de distancia do actual CGTD.

Publicacións Relacionadas