HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación de Ourense impulsa a construción de aseos públicos na área...

A Deputación de Ourense impulsa a construción de aseos públicos na área recreativa de Cachamuíña

- Anuncio -spot_img

O proxecto conta cun orzamento base de 172.054,71 euros e contempla un prazo estimado de execución de 8 meses desde o inicio das obras

Esta actuación forma parte da aposta da institución provincial por mellorar as infraestruturas públicas en espazos naturais de alta afluencia, contribuíndo a unha mellor experiencia para a veciñanza e visitantes, ao tempo que promove un uso ordenado e respectuoso do medio

A Deputación de Ourense vén de sacar a licitación as obras para a construción de aseos públicos na área recreativa e deportiva de Cachamuíña, no concello do Pereiro de Aguiar, unha actuación destinada a mellorar os servizos nun dos espazos naturais máis frecuentados da contorna da cidade.

O proxecto conta cun orzamento base de execución de 172.054,71 euros e contempla un prazo estimado de execución de oito meses desde o inicio das obras.

A intervención permitirá dotar este enclave dun equipamento esencial para garantir a comodidade das persoas usuarias, reforzando o uso público e sostible dunha zona que combina natureza, deporte e lecer e que rexistra unha elevada afluencia ao longo de todo o ano.

O proxecto inclúe a construción dun módulo de aseos completamente equipado, así como as instalacións necesarias para o seu funcionamento, entre elas sistemas de saneamento, fontanería e electricidade, cumprindo coa normativa vixente en materia de accesibilidade, seguridade e eficiencia.

Esta actuación forma parte da aposta da Deputación de Ourense por mellorar as infraestruturas públicas en espazos naturais de alta afluencia, contribuíndo a unha mellor experiencia para veciños, veciñas e visitantes, ao tempo que se promove un uso ordenado e respectuoso do medio.

A licitación destas obras supón un novo paso para seguir consolidando a área de Cachamuíña como un referente de lecer ao aire libre na provincia de Ourense.

Máis de 560.000 euros investidos en Cachamuíña

A construción destes baños públicos enmárcase na investimento global da Deputación na zona de Cachamuíña, que supera os 560.000 euros.

A esta actuación súmanse outras intervencións xa executadas, como o parque infantil inclusivo, a nova pasarela peonil e o parque canino, recentemente inaugurado. Ademais, a área conta tamén con zonas de calistenia, o Parque da Igualdade e novos aparcadoiros, que permiten dar resposta á elevada demanda das persoas que se desprazan diariamente a este espazo recreativo e deportivo.

Con estas actuacións, a Deputación de Ourense continúa reforzando a área de Cachamuíña como un espazo moderno, accesible e adaptado ás necesidades da cidadanía, consolidando un dos principais pulmóns verdes e de lecer da contorna da cidade.

Publicacións Relacionadas