Neda sumarase a partir da próxima semana ao programa divulgativo “Consumo en ruta”

adminON

Programará tres charlas no mes de xuño sobre dereitos do consumidor

Neda será escenario en xuño do programa autonómico “Consumo en ruta”. Unha iniciativa que, a través de accións formativas e de resolución de dúbidas, busca favorecer que a veciñanza se familiarice co seus dereitos como consumidores e coñeza o labor do Instituto Galego do Consumo. O vindeiro luns, terá lugar a primeira das charlas.

A petición do Concello de Neda, ofertaranse no municipio as tres sesións temáticas, de unha hora de duración, que compoñen o ciclo. Así, a Casa das palmeiras acollerá o 2 de xuño, a partir das 19 horas, a charla participativa que leva por título “Coñece e defende os teus dereitos como consumidor”. O día 9, no mesmo lugar e hora,  programarase a destinada a informar sobre os dereitos básicos na subministración do fogar, e o 16, a relativa aos servizos financeiros e bancario.

As persoas participantes poderán formular durante as xornadas as dúbidas que consideren oportunas en materia de consumo, teñan ou non relación coa correspondente sesión formativa.

A participación neste programa da Xunta permitirá aos nedenses saber un pouco  máis sobre os seus dereitos como consumidores e coñecer as ferramentas que, a nivel autonómico, teñen á súa disposición para asesorarlle, acompañarlle e, en último caso, axudarlle a restituír os seus dereitos.

Comparte este artigo