O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e concelleiras e concelleiros de todos os grupos políticos con representación no Concello (DO, PP, PSdeG-PSOE e BNG) participaron esta mañá nunha concentración silenciosa diante da Casa do Concello con motivo da conmemoración,no día de hoxe, martes, 11 de marzo, do Día Europeo en Memoria das Vítimas do Terrorismo, no 21 aniversario dos terribles atentados que custaron a vida a 193 persoas en Madrid. No acto gardouse un minuto de silencio como mostra de recordo solidario coas vítimas dos atentados e das súas familias.
O Concello de Ourense sumouse así á convocatoria realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias en memoria de todas as vítimas do terrorismo e das persoas que faleceron naqueles dramáticos sucesos.

