BNG critica a contratación dunha empresa madrileña para a festa das persoas maiores e anuncia que non asistirá

adminON
Lectura mínima de 1

Se por algo é coñecido o noso país é pola gastronomía, rica a variada. Tamén o noso concello, onde hai un bo surtido de profesionais da cociña e da restauración, con experiencia abondo en grandes eventos como a festa das persoas maiores que organiza o goberno municipal este sábado.

Desde o BNG non entendemos a torpeza do PP que, a pesar de haber grandes restauradores e restauradoras no noso concello, mais tamén no noso país, decide contratar a unha empresa madrileña o menú de polbo á feira e carne ao caldeiro para a festa do maior. Se algo sabemos facer ben non noso país, son os nosos pratos tradicionais.

Isto é un desprezo á hostalaría e ao tecido empresarial local que non podemos pasar por alto. Neste sentido o BNG anuncia que agradece o convite recibido, pero ningunha persoa en representación da nosa organización acudirá a esta festa das persoas maiores organizada polo goberno municipal do PP, xa que non está de acordo con estas  dinámicas que invisibilizan e prexudican a nosa hostalería.

Comparte este artigo