Presentación dos cursos Cemit para novembro

adminON

Presentación dos cursos Cemit para novembro 

Ribeira 23 de outubro de 2024 

Hoxe pola mañá procedeuse por parte do segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta, á presentación da nutrida programación do aula CEMIT de Ribeira para o vindeiro mes de novembro na que destacan os diversos cursos sobre ciber-seguridade, intelixencia artificial, detención de “fake news” máis diferentes exames para certificacións dixitais. 

Suárez-Puerta salientou: “seguimos apostando pola formación e certificación dixital e imos a comezar a tratar a intelixencia artificial, a ciberseguridade e algún curso para formarse na detención das “fake news”; xa que nos parece que temos a obriga de informar e ensinar á veciñanza a distinguir e procesar o bo uso da información dentro do mundo dixital”. 

A continuación degullou o programa polo miudo: 

Do Luns día 4 ao Xoves día 7 (4 días) – “Certificado Dixital” 

Haberá 2 quendas: 

· Quenda de mañáns – De 10:00 a 11:30 h. (6 horas) 

· Quenda de tardes – De 16:00 a 17:30 h. (6 horas) 

Qué é un cerficado dixital, pasos para solicitar, renovar ou anular o certificado dixital; como instalalo, desinstalalo e facer unha copia nos distintos navegadores, e exemplos de trámites comúns. 

Venres día 8, de 10:00 a 12:00 h.– Charla impartida por Cibervoluntarios, sobre “Iniciación á Intelixencia Artificial” – Fundamentos da IA e aplicacións máis innovadoras, especialmente na xeración de texto, imáxenes e vídeos. 

Xoves día 14: 

· De 10:30 a 11:30 h. – Charla impartida por FEGAUS, sobre “Ciberseguridade. Protéxete fronte a delitos da Intelixencia Artificial”. 

· De 12:30 a 14:00 h. – Charla sobre “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos_Segunda quenda”, que é a segunda parte dunha charla que xa se impartira en abril con gran éxito. 

Venres día 15, de 10:00 a 12:00 – Charlas impartidas por Cibervoluntarios: 

“Fake News: como detectar noticias falsas” (de 10 a 11 h.) – Aprender a cuestionar a información que nos chega a través das redes sociais e internet para detectar posibles contidos falsos. 

“Protección ante fraudes e estafas en Internet” (de 11 a 12 h.) – Como protexernos ante eles.

Xoves día 20, de 10:00 a 12:00 – Charlas impartidas por Cibervoluntarios: 

“Uso seguro de Internet” (de 10 a 11 h.) – Darannos as claves para facer un uso seguro e responsable da rede, sendo conscientes da nosa huella dixital e protexendo a nosa privacidade. 

– “Coñece todo sobre as tecnoadicións” (de 11 a 12 h.) – Definición, detección, tipos e identificación dos distintos tipos de tecnoadicións. Como previr e actuar ante esas situacións. 

Xoves día 21 – Exame COMDIX – Dúas quendas

· De 10:00 a 12:00 h. De 12:00 a 14:00 h. 

¿Qué é a certificación ComDix? É a certificación galega de competencias dixitais que promove a Administración Galega, e que acredita o nivel que ten unha persoa para utilizar as tecnoloxías dixitais. Esta certificación ten como referente o Marco galego de competencias dixitais. 

Venres día 22 – Exame COMDIX – Dúas quendas: 

· De 10:00 a 12:00 h. De 12:00 a 14:00 h. 

Mércores día 27, de 10:00 a 13:30 – Charlas impartidas por Cibervoluntarios: – “Crea o teu Currículo con CANVA” (de 10 a 11:30 h.) 

– “Búsqueda activa de emprego en Internet” (de 11:30 a 13:30 h.) – Aprender a buscar traballo por Internet e os distintos tipos de portais de emprego e redes profesionais que existen. 

Venres día 29 , de 11:00 a 12:00 h. – Exame da Plataforma EMA – Son probas que se teñen que facer de forma presencial nas aulas CeMIT, exclusivas para as persoas que terminaron os cursos de teleformación na plataforma EMA. 

Suárez-Puerta animou á veciñanza a participar e anotarse nos cursos e tamén agradeceu o labor e o bo traballo que está facendo dende o aula. 

Información e inscrición: 

https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial?center=67

Comparte este artigo