A consellería de Educación contrata o arranxo do ascensor do CEIP Mestre Ramiro Sabell por preto de dez mil euros

adminON
Lectura mínima de 1

O concelleiro de Ensino, Ricardo González, informa que a Consellería de Educación xa formalizou o contrato menor para o arranxo do ascensor do CEIP Mestre Ramiro Sabell. Respondendo á demanda trasladada ao concelleiro no consello escolar, Ricardo González solicitou ante inspección educativa axilizar os trámites para a contratación das obras que ascenden a 9.833,42€.

Ademais, adianta que nas vindeiras semanas a empresa realizará os traballos precisos para reparar os danos causados por unha treboada e informa que se executarán as intervencións precisas para adaptalo á normativa actual.

Comparte este artigo