A N-640 é un desastre

adminON
Lectura mínima de 2


Xoán Reices: “Hai un ano o BNG levou ao Congreso a mellora desta estrada que atravesa o noso concello, mais o goberno de Madrid nada fixo en todo este tempo, mentres a estrada se deteriora máis cada día que pasa”

No día de onte un medio de comunicación local publicada un artigo no que daba conta do mal estado da estrada estatal N-640 ao seu paso pola comarca, e en concreto pola comarca.

Segundo explicou o concelleiro do BNG, Xoán Reices, “o desastre da N-640 non só se limita o noso concello, senón que tamén se pode apreciar o estado lamentábel da estrada nos concellos de Cuntis e Caldas de Reis, un treito con numerosas irregularidades no asfalto e fochancas, algunha das cales situadas en curvas moi perigosas”.

O pasado mes de outubro, hai case un ano, desde o BNG levamos ao Congreso, a través do noso deputado, Néstor Rego, a lamentábel situación desta estrada”, explica Reices, “onde pedimos que se acometese unha reforma integral de toda a N-640, desde A Mariña de Lugo até Vilagarcía”. “Sen embargo, a pesar de pasar xa case un ano da iniciativa do BNG, o goberno de PSOE e Sumar nada fixeron por mellorar a capa de rodadura da N-640, mentres os veciños e veciñas temos que esquivar as fochancas co perigo que supón para circulación viaria”, afirma Reices.

O BNG insiste na mellora desta estrada. “É incomprensíbel que o goberno de Madrid non actúe para mellorar a estrada, mais desde a nosa organización seguiremos traballando para que os veciños e veciñas teñas unhas vías de comunicación de calidade e seguras”, remata Reices.

Comparte este artigo