O goberno do PP é un irresponsábel que xoga coa saúde dos veciños e das veciñas

adminON
Lectura mínima de 1

Esta mañá os medios da localidade informaban que se desaconsellaba o baño na praia fluvial do Liñares por contaminación de Enterococos. Sen embargo, o goberno municipal non colocou ningún cartel advertindo da contaminación e prohibindo, ou cando menos, desacosellando o baño, e esta mesma tarde podían ser ver veciños veciñas bañándose no río Liñares.

Desde o BNG instamos ao alcalde, o Sr. Louzao, a que se tomen con urxencia novas mostras e se persiste a contaminación prohibir o baño, advertindo con carteis do perigo.

Comparte este artigo