O Concello de Ponteareas celebrará o vindeiro 7 de setembro a XVI Feira Tradicional dos Remedios na que non faltarán a música e os postos de artesanía, alimentación, madeira, forxa, xoguetes, tecidos ou xoiaría entre outros moitos postos de produtos ecolóxicos e tradicionais.
O concelleiro de Cultura e primeiro tenente de alcaldesa, Juan Carlos González, adianta que o prazo para solicitar a colocación dun posto estará aberto do mércores 7 ao 23 de agosto. Os feirantes interesados deberán enviar a súa solicitude por correo electrónico ao enderezo departamentocultura@ponteareas.gal e para máis información poden chamar ao 986661674
A Feira Tradicional dos Remedios volverá á praza Bugallal e as rúas da contorna para voltar a principios do século XX. O Concello facilitará ás e aos feirantes o posto e o atrezzo e convida convida a toda a cidadanía a vestirse como o facía a cidadanía de Ponteareas no ano 1900 e así viaxar nunha xornada de lecer aos tempos dos nosos antergos.

