Iniciadas as obras de ConcepciónArenal coas que seguir mellorando oespazo urbano do centro de Marín

adminON
Lectura mínima de 2

O proxecto forma parte dunha estratexia de mellora damobilidade da Xunta de Galicia e vén a continuar a obra que xase realizou no primeiro tramo de Concepción Arenal, ata arotonda das Anclas.

A rúa Concepción Arenal será un exemplo de mellora da mobilidade urbanadespois de que se execute a totalidade da obra de rehumanización deste novotramo, que dará continuidade ao proxecto que xa se levou a cabo desde o lindecon Estribela ata a rotonda das Anclas.

Nesta ocasión, comezarase actuando desde esa rotonda ata a Rúa da Roda. Noprimiero tramo, que iría ata a Cafetería da Mouta, a ampliación de beirarrúas paraque o espazo para os peóns sexa o desexado suporá unha eliminación da liña deaparcadoiros que está na esquerda en dirección Pontevedra.

Será o único tramo no que o estacionamento se vexa afectado, xa que desde AMouta ata a Rúa da Roda manteranse todos os estacionamentos, aínda que sereordenarán para que sexan todos en liña.

Co novo deseño e cando a execución dos traballos remate, a avenida contarácunhas beirarrúas máis amplas, nas que se reforzarán puntos de luz(especialmente nos pasos de peóns) e colocaranse novas xardiñeiras, bancos epapeleiras; e un pavimento renovado para o tráfico rodado.

Comparte este artigo