O Mercado Municipal de Malpica acolleu hoxe, sábado 2 de xaneiro, a inauguración oficial da exposición, á que acudiron o alcalde, Walter Pardo, a concelleira de Cultura, Leticia Varela, o concelleiro de Obras, José Ángel Garrido, o concelleiro de Deportes, Miguel Varela, e algunhas das persoas autoras destas instantáneas.
Á inauguración acudiron o alcalde, Walter Pardo, a concelleira de Cultura, Leticia Varela, o concelleiro de Obras, José Ángel Garrido, o concelleiro de Deportes, Miguel Varela, e algunhas das persoas autoras destas instantáneas. Durante o evento, levouse a cabo a entrega de premios ás persoas gañadoras deste concurso e que, a continuación, se numeran:
- “Tormenta no mar” de Sara Tasende (categoría persoas adultas).
- “A nova normalidade” de Paula Anido (categoría xuvenil).
- “Tempo de calma” de Antonio Varela (categoría persoas adultas).
- “Amencer no porto” de Marisol Nieto (categoría persoas adultas).
- “Incerto” de José Manuel Rodríguez (categoría persoas adultas).
- “Cerqueda desde a xanela” de Raquel Bello (categoría persoas adultas).
A mostra estará dispoñible, polo menos, durante un mes. Polo tanto, as persoas interesadas poderán visitala durante o horario de atención ao público da instalación.