A Xunta de Goberno Local aprobou 13 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu este mediodía no salón de plenos do Concello. Entre eles, un paso máis no proxecto de construción dunha residencia por parte da Fundación Amancio Ortega nos terreos da antiga estación de autobuses, ao estimarse a solicitude da Xunta declarando a innecesariedade de licenzas urbanística de segregación da parcela. Tamén se aprobou o expediente para licitar as obras de demolición parcial e reconstrución do edificio situado na Avenida das Caldas, número 36, por un importe dun millón de euros.
Licenzas (3)
Conceder a licenza para o proxecto de cambio de uso dun local a garaxe familiar, na rúa Eulogio Gómez Franqueira
Denegar a licenza para o proxecto básico e de execución de adaptación dun baixo para vivenda na avenida de Marín
Estimar a solicitude do Secretario Xeral Técnico e do Patrimonio da Subdirección Xeral do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, declarando a innecesariedade de licenza urbanística de segregación dunha parcela na estrada de Vigo, número 1, antiga estación de autobuses, segundo o proxecto técnico presentado, do cal resultan 6 parcelas, destinadas a sistema xeral asistencial (con 12.596 metros cadrados de superficie), equipamento deportivo (1.046 m2), zonas de esparexemento e parques (3.227) e 3 destinadas a protección do solo (de 2.887, 78 e 63 m2).
Servizo de contratación (1)
Aprobar o expediente para licitar mediante procedemento aberto a contratación da redacción de proxecto, dirección de obra e execución das obras de demolición parcial e reconstrución do edificio situado na Avenida das Caldas, numero 36, coa aprobación dos pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas, e por un importe máximo de 1.000.181,39 euros, IVE engadido. Disponse tamén a apertura do procedemento de adxudicación.
Recursos humanos (1)
Activación de protocolo de acoso laboral a instancias dun funcionario
Avogacía Consistorial (8).
A xunta de goberno deu conta de dúas sentenzas e 6 emprazamentos para comparecer en diferentes procedementos ordinarios ou abreviados.

