Home A Coruña A Xunta investiu máis de 244.00€ en diferentes actuacións medioambentais no concello...

A Xunta investiu máis de 244.00€ en diferentes actuacións medioambentais no concello das Pontes

- Anuncio -


Trenor destacou que o Fondo de Compensación Ambiental deixou na comarca de Ferrolterra máis de 937.000 euros en 14 proxectos
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, comprobou as diferentes actuacións levadas a cabo no concello das Pontes. A través desta liña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, o Goberno galego investiu neste municipio máis de 244.000 euros.
A través desta liña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, o Goberno galego investiu neste municipio 244.000 euros. Trenor explicou que se
levaron a cabo varias actuacións como a adquisición dun vehículo eléctrico; a substitución
do sistema de bombeo para a mellora da eficiencia enerxética e rendemento do sistema de
abastecemento; o mantemento das redes de abastecemento das rúas Cabañas e Antonio
Machado; e a limpeza de terreos municipais das marxes e gabias en varias estradas e
camiños.
Durante a visita o delegado da Xunta na Coruña informou que a través da orde do Fondo de
Compensación Ambiental repartíronse máis de 937.000 euros en 14 proxectos na comarca
de Ferrolterra nos municipios de Ares, A Capela, Cariño, Cedeira, Ferrol, Mañón, Monfero,
Ortigueira, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño e na mancomunidade de
concellos da comarca de Ferrol.
Trenor destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola
que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de
Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de
produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.
O delegado da Xunta recalcou “estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas
orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das
enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio
territorial, polo que son de gran utilidade para os concellos”.

Relacionadas

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que...

0
― O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000€ ― Diego Calvo...

Xosé Merelles avanza que a futura estratexia de Turismo de Galicia 2030 porá o...

0
Recorda que se traballará para manter a boa convivencia, incrementar o grao de satisfacción e consolidar os datos da última Enquisa de Residentes que...

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Publicacións Relacionadas