Home A Coruña A Xunta inicia os traballos e limpeza dos treitos interurbanos de cinco...

A Xunta inicia os traballos e limpeza dos treitos interurbanos de cinco ríos nos concellos de Betanzos e de Paderne

- Anuncio -


Augas de Galicia levará a cabo as actuacións en dous tramos distintos do río Caraña ao seu paso por estes dous municipios e tamén nos ríos: Infesta, Pasatempo, Angustias e Mendo, no seu percorrido polo termo de Betanzos

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de 5 ríos ao seu paso polos concellos de Betanzos e de Paderne.
Concretamente Augas de Galicia leva a cabo traballos en dous tramos distintos do río Caraña ao seu paso polos dous concellos e tamén nos ríos Infesta, Pasatempo, Angustias e
Mendo, neste caso no seu percorrido polo municipio de Betanzos.
As tarefas estanse a desenvolver en distintos tramos interurbanos destes ríos, que coinciden
co seu percorrido por distintas parroquias destes municipios.
Estes labores forman parte das intervencións de mantemento que leva a cabo Augas de Galicia nas áreas con risco potencial significativo de inundación (Arpsi).
As actuacións céntranse na retirada de árbores e pólas caídas e madeira morta, así como a
roza selectiva, limitada ao ancho da canle, en tramos cubertos por maleza. Unha vez
finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a
circulación fluída das súas augas.
Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza
Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito
territorial da zona Galicia-norte.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora
dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e normal na precipitación

0
O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graosA precipitación media acumulada foi un...

Publicacións Relacionadas