O artista Abraham Cupeiro aterra o 6 de xaneiro en Soutomaior

adminON
Lectura mínima de 2

Abraham Cupeiro, o músico que resucita instrumentos milenarios, estará en Soutomaior con dous dos seus espectáculos. Pola mañá, será a quenda de interpretar o seu proxecto Resoando no Pasado no Ceip Manuel Padín Truiteiro e no Ies Soutomaior, e xa pola tarde, ofrecerá o seu directo na Igrexa de San Salvador de Soutomaior nun concerto, de balde, e aberto a toda a veciñanza.
16 de xaneiro, Soutomaior. Abraham Cupeiro é un destacado construtor e multiinstrumentista apaixoado pola recuperación de instrumentos perdidos no tempo. Estudou trompeta no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e completou un máster en Interpretación da Música Antiga na Universidade Autónoma de Barcelona. Como instrumentista, destaca por ser unha das poucas persoas que toca o Karnix (trompeta celta da Idade de Ferro). Recentemente foi invitado para probar o Karnix de Tintignac, que é o único que apareceu enteiro (ano 2004).
Cupeiro recupera e constrúe diversos instrumentos, e interpreta con eles dende a súa música ata música de hoxe día, e os mestura con formacións modernas.
Abraham Cupeiro chegará o venres 26 a Soutomaior con dous dos seus proxectos. Pola mañá estará ás 12.00 h. no CEIP Manuel Padín Truiteiro e ás 13:00 h. no IES de Soutomaior con Resoando no pasado e xa pola tarde, ás 19:00 h. na Igrexa de San Salvador en Soutomaior ofrecerá, de balde, o directo do seu proxecto Os sons esquecidos.
Dende o concello de Soutomaior saben que é “un privilexio” contar cun artista da talla de Abraham Cupeiro que triunfa dentro e fóra das nosas fronteiras. Será un concerto único do que se poderá desfrutar de maneira gratuíta na Igrexa de San Salvador en Soutomaior o venres 26 de xaneiro.

Comparte este artigo