Home Lugo Chantada A Xunta apoia a dotación de vestiarios no Complexo Deportivo do Parque...

A Xunta apoia a dotación de vestiarios no Complexo Deportivo do Parque Eloísa Rivadulla de Chantada

- Anuncio -

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, as melloras realizadas no marco da Orde de Infraestruturas de uso público
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe as melloras levadas a cabo no complexo deportivo do Parque Eloísa Rivadulla de Chantada, que conta con tres pistas de tenis, e onde a Xunta colaborou co concello no financiamento duns vestiarios adaptados a través da Orde de Infraestruturas de uso público.
Natalia Prieto destacou durante á visita, á que tamén acudiu o delegado territorial da Xunta
en Lugo, Javier Arias, que esta actuación permitirá contar cuns vestiarios adaptados e
mellorar así o confort dos usuarios cunhas instalacións axeitadas. Deste xeito, o Goberno
galego contribúe no equipamento das infraestruturas deportivas do municipio para favorecer
a actividade física entre a poboación.
A través da Orde de Infraestruturas de uso público, a Administración autonómica apoia aos
concellos na creación, mellora ou reforma das infraestruturas básicas dos servizos
municipais, co obxectivo de que as entidades locais poidan executar proxectos que redunden na calidade de vida dos seus veciños.
A convocatoria de 2020 desta orde de axudas da Xunta contou cun orzamento de catro
millóns de euros, un millón máis que o exercicio anterior

Relacionadas

Ángeles Vázquez avoga por promover a participación xuvenil na gobernanza das reservas de biosfera

0
Fai fincapé na necesidade de implicar á xuventude no desenvolvemento de iniciativas e actuacións que contribúan a garantir a conservación da biodiversidade A conselleira de...

A Xunta leva investidos nos últimos anos cas 190M€ no funcionamento, o equipamento e...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a Xunta tamén mantén actualizados todos os protocolos e plans de actualización e organiza de...

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Publicacións Relacionadas