Home Ourense O Pereiro de Aguiar A Xunta colabora co concello de Pereiro de Aguiar na urbanización do...

A Xunta colabora co concello de Pereiro de Aguiar na urbanización do CEIP Ben-Cho-Shey cunha axuda de preto de 32.000 euros

- Anuncio -

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou esta mañá o concello de Pereiro de Aguiar, onde indicou que as obras levadas a cabo son a través das axudas do Fondo de Compensación Ambiental, que nesta convocatoria conta cun orzamento de 12,5 millóns de euros
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, visitou esta mañá acompañado polo alcalde Luis Menor as melloras levadas a cabo no entorno do CEIP Ben-Cho-Shey, no concello de Pereiro de Aguiar.
Alfonso Rueda indicou que as obras levadas a cabo son a través das axudas do Fondo de Compensación Ambiental, que nesta convocatoria conta cun orzamento de 12,5 millóns de euros para financiar actuacións nos concellos destinadas a financiar iniciativas orientadas á
conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías
renovables e á restauración do medio ambiente e reequilibrio territorial.
O investimento do Goberno galego este ano no municipio ascende a case 118.000 euros e inclúe tamén as cubertas dos parques infantís nas urbanizacións de Tapada de Bouzas e de
Veiga de abaixo e o mantemento da brigada de protección e mantemento de espazos
ambientais conxuntamente co concello de Nogueira de Ramuín.
A Xunta leva investidos nos últimos anos arredor de 440.000 euros no municipio de Pereiro de Aguiar no marco destas axudas. A través destas subvencións, o Goberno galego apoia
aos concellos galegos, en especial aos máis pequenos e con menos recursos, na mellora
dos servizos municipais o que redunda positivamente no benestar dos seus cidadáns.

Relacionadas

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que...

0
― O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000€ ― Diego Calvo...

Xosé Merelles avanza que a futura estratexia de Turismo de Galicia 2030 porá o...

0
Recorda que se traballará para manter a boa convivencia, incrementar o grao de satisfacción e consolidar os datos da última Enquisa de Residentes que...

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Publicacións Relacionadas