Home Terra de Lemos A Pobra de Brollón A Vicepresidencia investirá 115.000 euros no albergue municipal da Pobra do Brollón

A Vicepresidencia investirá 115.000 euros no albergue municipal da Pobra do Brollón

- Anuncio -

Maite Ferreiro apuntou que o aloxamento mellorará os servizos arredor do Camiño de Inverno ao seu paso pola Ribeira Sacra
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegará 115.000 euros para a creación do albergue municipal proxectado polo Concello da Pobra do Brollón. A vicepresidenta Maite Ferreiro e o alcalde Xosé Lois Maceda asinaron o protocolo que formaliza o compromiso de financiamento de cara a posta en marcha das instalacións.

O investimento dá pulo á iniciativa do goberno municipal que o pasado mes de outubro adquiriu o inmoble no que se creará o aloxamento, un edificio situado na Praza da Condesa que será restaurado e acondicionado para acoller ás peregrinas e peregrinos que opten polo Camiño de Inverno na súa ruta cara a Compostela.

Xosé Lois Maceda subliñou que “a creación do albergue consolidará a vila como punto de referencia para os peregrinos, o que suporá un reforzo para a economía local”. Ademais, apuntou, “a restauración do edificio contribuirá a embelecer e revalorizar o casco histórico”.

A vicepresidenta Maite Ferreiro indicou que “a posta en marcha do albergue suporá unha mellora dos servizos cos que conta a ruta ao seu paso pola Ribeira Sacra, unha materia pendente na que compre avanzar para que a comarca se beneficie da dinamización económica, social e cultural que xenera o Camiño”

O albergue situarase a escasos metros do paso pola vila do Camiño de Inverno, unha ruta a Compostela empregada nas peregrinacións invernais para evitar a dureza das cumes nevadas do Cebreiro.

O itinerario, que atravesa a Ribeira Sacra tras entrar en Galiza pola comarca de Valdeorras, ten recoñecemento oficial desde abril de 2016 polo que o 2021 será o primeiro A Vicepresidencia investirá 115.000 euros no albergue municipal da Pobra do Brollón no que a ruta conte con esta acreditación.

Relacionadas

A Deputación leva este domingo a Soutomaior o circuíto +Escénicas con “O tranvía Leonardo”,...

0
O espectáculo para público infantil celebrarase ás 17:30 horas na Casa da Cultura +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros,...

A Deputación leva este domingo a Cerdedo-Cotobade a proxección de “A viaxe de Lucy”...

0
O documental poderá verse na Casa do Pobo de Corredoira ás 18:30 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do...

A Deputación leva este sábado ás Neves a proxección de “Os espazos en branco”...

0
O documental poderá verse no Auditorio municipal ás 20:00 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, chegará tamén...

A Deputación leva este domingo ao Grove o circuíto +Escénicas con “De algo hai...

0
O espectáculo para todos os públicos poderá verse ás 20:00 horas no auditorio municipal +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000...

A Deputación adica o 8 de decembro ás mulleres do sector forestal, dentro da...

0
O lema deste mes é “Talamos desigualdade, prantamos futuro” e Victoria Diéguez Fernández, natural de A Veiga e profesional do sector forestal é a...

A Deputación de Pontevedra ultima as datas para poder visitar a exposición “Intu-Indo” de...

0
A mostra, na que o pintor convida a reflexionar sobre cara a onde quere ir a humanidade, pode visitarse na sala de exposicións da...

Publicacións Relacionadas