HomeO MorrazoMarínO Concello inicia o procedemento para a contratación do novo contrato de...

O Concello inicia o procedemento para a contratación do novo contrato de limpeza de edificios municipais

- Anuncio -spot_img

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, presentou o expediente na Comisión Informativa celebrada esta mañá. O novo contrato será tamén de 4 anos, con posibilidade dunha prórroga anual, e cunha inversión de 4.384.874,40 euros.

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, presentou hoxe en Comisión Informativa o prego de contratación para un novo contrato para xestionar o servizo de
limpeza de edificios e instalacións dependentes do Concello de Marín.
Esta creación dun novo contrato faise necesaria debido a que o actual, que xestiona a
empresa EULEN desde o 2014, tiña unha vixencia de 4 anos, con posibilidade de prórroga
a dous máis, que xa están vencidos.
Segundo explicou Sanmartín, “o departamento de Secretaría leva meses traballando na
elaboración deste expediente, xa que ademais de ter en conta a lexislación aplicable a
nivel administrativo é necesario incluír as medidas de prevención necesarias fronte á
Covid19, o que complica aínda máis a elaboración deste documento”.
Tal e como se recolle no expediente presentado en Comisión, o técnico responsable deste
contrato emitiu un informe no que se xustifica a necesidade de manter externalizado este
servizo e, debido ao seu carácter público, de xeito initerrompido. Por iso, levarase a
aprobación a prórroga forzosa da actual empresa adxudicataria mentres o Concello non
remate a nova adxudicación.
O novo contrato prantéxase por 4 anos, con posibilidade dunha prórroga anual, cun
orzamento estimado de 4.384.874,40 euros. Agora, este expediente para o inicio da
contratación terá que ser levado a Pleno, que é o órgano competente para este tipo de
contratos de longa duración.

Publicacións Relacionadas