Home O Salnés A Illa de Arousa A Xunta de Galicia reforza con novos cribados preventivos en A Illa...

A Xunta de Galicia reforza con novos cribados preventivos en A Illa de Arousa a súa estratexia de contención da Covid 19

- Anuncio -

Tras facer en pasadas datas un primeiro cribado con PCR a poboación desta localidade, decidiuse xunto coa Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade levar a cabo novos cribados voluntarios a cidadanía de máis de 15 anos con tests en mostra de saliva
Para facer estes cribados os vindeiros venres 8 e sábado 9 de xaneiro, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta con 12 profesionais coordinados por un facultativo
A Xunta de Galicia, a través da xestión do Servizo Galego de Saúde, prevé reforzar os vindeiros venres 8 e sábado 9 de xaneiro con novos cribados preventivos en A Illa de Arousa a súa estratexia de contención da COVID 19 nesta localidade do distrito sanitario de O Salnés. Dada a persistencia da situación epidemiolóxica deste concello arousán da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés -cunha das máis altas incidencias acumuladas de casos a 14 días de toda Galicia- o SERGAS considera de interese preventivo continuar con cribados poboacionais a colectivos con rangos diversos de idade e coa dita incidencia acumulada elevada. A finalidade destes cribados é detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de coronavirus.
Ante esta situación, tras facer en pasadas datas dende a Área Sanitaria un primeiro cribado con PCR a poboación de A Illa de Arousa, decidiuse xunto coa Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade levar a cabo novos cribados voluntarios da poboación de A Illa de Arousa de máis de 15 anos con tests en mostra de saliva.
Cómpre sinalar que o total de usuarios de 15 ou máis anos de idade con Tarxeta Sanitaria en A Illa de Arousa acada os 3.663, dos que 3.057 teñen entre 15 e 69 anos -colectivo ao que se lle efectuará voluntariamente o cribado con test de saliva- e outras 606 persoas teñen máis de 70 anos -grupo poboacional ao que se le efectuará voluntariamente unha mostra nasofarínxea-.
Para facer estes cribados os vindeiros venres 8 e sábado 9 de xaneiro, a Administración Sanitaria Pública galega conta con 12 profesionais coordinados por un facultativo, que
comezarán o traballo o vindeiro venres con seis equipos que entregarán aos cidadáns botes de recollida de mostras de saliva entre as 8:30h e as 19:30h. Xa o sábado 9 de xaneiro, tres equipos tomarán mostras nasofarínxeas voluntarias á poboación de A Illa de Arousa de máis de 70 anos, máis outros dous equipos que farán a recollida dos botes entregados para as mostras de saliva o día anterior.
Proceso das mostras e notificación de resultados
As mostras tomadas en A Illa de Arousa procésaránse no servizo de Microbioloxía da Área
Sanitaria de Vigo e os resultados serán comunicados aos usuarios por SMS, sempre que o
resultado sexa negativo. No caso de resultar positivo, esta notificación comunicaráse de xeito individual a cada cidadán.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas