HomeO SalnésA Illa de ArousaSete colectivos do Salnés reciben 59.000 euros de subvencións da Deputación para...

Sete colectivos do Salnés reciben 59.000 euros de subvencións da Deputación para rehabilitar galeóns, dornas e embarcacións tradicionais

- Anuncio -spot_img

Catro entidades na Illa de Arousa reciben axudas, outra en Sanxenxo, outra en Cambados e outra en O Grove
A Deputación vén de conceder sete subvencións para poñer en valor o patrimonio marítimo fluvial da provincia a outros tantos colectivos do Salnés para rehabilitar galeóns, dornas e embarcacións tradicionais. Segundo explica a deputada de Patrimonio María Ortega as axudas pertencen á liña de axudas para a Recuperacióne posta en Valor do Patrimonio Marítimo Fluvial da provincia, que ten a intención de fomentar a recuperacións de bens de interese do patrimonio relacionado co mar e os ríos na provincia.
Segundo explica Ortega, na Illa de Arousa recibiron colaboración económica catro entidades. A Asociación Fasquía recibiu 10.057 euros para o cambio dun elemento estrutural dunha dorna tradicional, conseguindo o 80% do orzamento da actuación e recibindo 80 puntos pola adecuación ás bases; a asociación Culturral Dorna, recibiu 4.322 euros para a intervención no galeón ‘Rei do Mar’, con 85 puntos de valoración e tamén o 80% do orzamento da intervención, o máximo posible. A Asociación Komaira recibirá 10.043 euros para a recuperación da embarcación tradicional homónima, con 95 puntos de valoración e tamén o máximo de subvención, e a Asociación DS Illa de Arousa percibirá 9.653 euros para a rehabilitación do ‘Barco de San Pedro’, valorada con 90 puntos e tamén o 80% do orzamento.
En O Grove, os Amigos da Dorna meca recibirán 10.121 euros para a mellora dunha embarcación tradicional (85 puntos); en Sanxenxo os Amigos da Dorna de Pontevedra recibirán 10.000 euros para a fase final da rehabilitación da ‘Dorna nai Surfeira’; e a Asociación Calmoseira de Cambados percibirá 4.854 euros para os remates e reparación do galeón Adelino Manuel, obtendo a máxima puntuación (100 puntos).
No total da provincia a liña de axudas para a recuperación e posta en valora do Patrimonio Marítimo Fluvial chegou a 14 colectivos, que se repartiron 101.230 euros. Principalmente os colectivos beneficiarios localizáronse no Morrazo (2), Vigo (4) e Poio (1).
Entre as actuacións que podían recibir axuda económica da Deputación están os traballos de rehabilitación en embarcacións co fin de recuperar o seu carácter orixinal ou de manter elementos estruturais que permitan o mantemento da embarcación; así como accesorios e equipamento das embarcacións que sexan de investimento (baterías, motor, depósitos, aparellos, velas, obenques, quilla, drizas, equipamento de salvamento…), sempre destinándose a actividades de promoción sociocultural ou musealización.

Outras das actuacións subvencionadas permitida eran as obras de restauración e conservación de artes e aparellos de pesca e marisqueo tradicionais, ferramentas e maquinaria, instrumental de navegación, útiles de comunicación e sinalización, cordoería, artesanía e demais elementos vinculados á cultura marítima e fluvial, todos eles destinados a actividades de musealización ou difusión social e cultural. Tamén se permitían axudas
ás intervencións realizadas sobre construcións e instalacións de terra (almacéns, fábricas, estaleiros, lonxas, casetas de pesca, embarcadoiros e pesqueiras, entre outras), mostras da arquitectura industrial e popular marítimo fluvial na provincia, para seren reconvertidas en espazos culturais.
As axudas desta liña do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación, explica Ortega, tiñan un orzamento de 150.000 euros. O importe máximo da subvención para cada actuación non podía exceder do 80% do seu custe total e tampouco non superar o importe de dez mil (10.000,00) euros. No caso de que os proxectos financiados non esgotasen a partida orzamentaria, como foi o caso, podía superarse o límite de dez mil euros por proxecto (sempre que non se supere o 80 % do orzamento), baixo criterios de proporcionalidade e respectando a concorrencia competitiva, así como a valoración técnica do proxecto.
Todas as actuacións subvencionadas tiveron que ser realizadas ao longo de 2020 empregando solucións construtivas de deseño tradicional e orixinal, ademais de materiais propios, quedando excluídas da convocatoria os usos para a pesca ou a acuicultura.

Publicacións Relacionadas