Home Ourense A Xunta colabora co concello de San Cibrao das Viñas na creación...

A Xunta colabora co concello de San Cibrao das Viñas na creación de dous parques e un campo de fútbol e baloncesto

- Anuncio -

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, as actuacións levadas a cabo no municipio ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe as actuacións que a Xunta financiou en 2020 no marco da Orde de Infraestruturas de uso público para colaborar co concello na posta en marcha de dous parques e un campo de fútbol e baloncesto. Á visita tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.
Así, o Goberno galego apoia ao municipio para instalar un parque de biosaudables no núcleo de Valiñas, próximo ao parque infantil, para favorecer a práctica de exercicio físico ás
persoas maiores. Ademais, a axuda destinouse a colaborar na ampliación dun parque infantil en Fonte Boa que contacon xogos inclusivos e, nesta mesma zona, construíse un campo de fútbol e baloncesto.
O Goberno galego financia esta actuación a través da Orde de infraestruturas de uso público, dotada na última convocatoria cun orzamento de catro millóns de euros, un millón máis que o exercicio anterior, e coa que a Xunta apoia aos concellos na creación, mellora ou
reforma das infraestruturas básicas dos servizos municipais.
Natalia Prieto, destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e
os concellos, para que os municipios poidan levar a cabo actuacións para mellorar infraestruturas e servizos municipais que repercutan no benestar e a calidade de vida dos
cidadáns.
A Xunta leva investidos case 230.400 euros noutras actuacións destinadas a melloras
ambientais e de infraestruturas do concello. Tanto a través da Orde de Infraestruturas de uso público con proxectos similares aos financiados o ano pasado en parques infantís ou na dotación de equipamento en instalacións deportivas, como ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental.

Relacionadas

A Xunta e Renfe celebran o Día das letras galegas difundindo a imaxe de...

0
— Os trens do Servizo Público de Galicia destacan nos repousacabezas a figura da escritora, música e docente coruñesa — As estacións de Renfe exporán...

Alumnado dos colexios Josefinas e Padre Feijóo Zorelle celebran o Día de Europa na...

0
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a preto de medio cento...

A Xunta activa desde mañá servizos de autobús entre Vigo e o aeroporto de...

0
A XUNTA ACTIVA DESDE MAÑÁ SERVIZOS DE AUTOBÚS ENTRE VIGO E O AEROPORTO DE SANTIAGO PARA ATENDER OS VIAXEIROS AFECTADOS POLO PECHE TEMPORAL DA...

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Cociñeiros de toda España que suman máis de 80 Estrellas Michelín participarán en xuño...

0
O director de Turismo de Galicia participa na presentación desta iniciativa que cumpre a súa décima edición e que se celebrará na Finca Casa...

A Xunta celebra que o Campionato do Mundial de Motocross recale en Galicia esta...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe na presentación do Gran Premio Galicia, correspondente á sexta proba das categorías MX1, MX2, WMX...

Publicacións Relacionadas