Na xornada de hoxe xubilouse o traballador do Concello de Tui Evaristo Rodríguez Castiñeira, despois de 30 anos de servizo no departamento de obras do Concello de Tui. No salón de plenos do concello realizouse un sinxelo acto de homenaxe e despedida no que participaron membros do equipo de goberno, dos grupos políticos presentes na corporación municipal e compañeiros de traballo.