Home O Ribeiro Leiro A Xunta leva investidos nos últimos anos máis de 980.000 euros en...

A Xunta leva investidos nos últimos anos máis de 980.000 euros en actuacións no concello de Leiro

- Anuncio -

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o municipio para comprobar as actuacións realizadas ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público e do Fondo de Compensación Ambiental
Alfonso Rueda destacou que o concello é un exemplo de colaboración entre entidades locais a través dos proxectos conxuntos nos que participa a través das mancomunidades das que forma parte

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe o concello de Leiro para coñecer de primeira man as actuacións levadas a cabo ao abeiro das axudas da Vicepresidencia, que nos últimos anos supuxeron un investimento de máis de 980.000 euros para melloras ambientais e de infraestruturas.
Alfonso Rueda visitou os traballos realizados o ano pasado na Casa do Concello nos que a Xunta colaborou cunha axuda de 34.300 euros da Orde de Infraestruturas de uso público para contar cun mellor illamento térmico e acústico. A Administración autonómica destinou
na última convocatoria desta liña de axudas 4 millóns de euros, 1 millón máis que o exercicio anterior, co obxectivo de poñer en marcha novas infraestruturas de servizos básicos municipais ou reformar as xa existentes.
Por outra parte, o Goberno galego financiou con 32.000 euros o acondicionamento a praza Eladio Rodríguez do concello, considerada monumento histórico-artístico, coa renovación do
pavimento, os muros de mampostería e o mobiliario deteriorado, así como a substitución das balizas por outras leds. Este apoio materializouse mediante o Fondo de Compensación
Ambiental, ao que a Xunta destinou en 2020 un orzamento de 12,5 millóns de euros dirixidos a melloras ambientais nos municipios da comunidade. Ademais, no marco deste fondo investíronse outros 2.000 euros na rehabilitación do valado de peche da área recreativa de Pena Corneira.
O vicepresidente primeiro destacou que este concello é un exemplo a seguir no que se refire á colaboración entre entidades locais para gañar eficiencia e optimizar recursos, xa que
pertence á Mancomunidade do Ribeiro, á que a Xunta apoiou en varias ocasións en distintos
proxectos como o mantemento dos seus servizos medioambientais como lumes e a recollida
de lixo. Tamén pertence á Mancomunidade Turística Terras do Avia, que foi merecedora dos
Premios Coopera en varias edicións.

Relacionadas

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

Publicacións Relacionadas