Home O Condado As Neves O PSdeG-PSOE pon en marcha as xestoras de o Porriño, As Neves...

O PSdeG-PSOE pon en marcha as xestoras de o Porriño, As Neves e O Rosal

- Anuncio -

A Executiva Provincial aprobou as/os integrantes dos tres entes de dirección provisional das agrupacións locais ata o remate da pandemia de COVID19

O secretario xeral provincial, David Regades, destaca o acordo unánime e anuncia que se celebrarán as asembleas “tan pronto como sexa posible” e “sempre con respecto á cultura de democracia interna que caracteriza ao socialismo”

A Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE celebrou a súa primeira xuntanza do ano para abordar cuestións orgánicas que, como é habitual dentro do partido na provincia, resolvéronse con consenso de tódalas partes e acordo unánime dos integrantes da Executiva. Deste xeito quedaron aprobadas as novas Comisións Xestoras encargadas de dirixir as agrupacións locais de O Porriño, As Neves e O Rosal.
En O Porriño a Xestora estará presidida por Soledad Girón Girón (membro do Comité Provincial), acompañada dos concelleiros Lourdes Moure Varela e Sergio Casas Quintas, ademais de Miguel Táboas Sequeiros (membro do Comité Nacional) e Diego Julio de Sa García.
En As Neves encabezará Marcelino Couto Martínez, tenente de alcalde, xunto con José Carlos Domínguez Gil e Isabel Prieto Couto.
Finalmente, en O Rosal estará presidida por Miguel Ángel Rodríguez Velasco, acompañado de María Concepción Alonso Rodríguez, José Manuel Gómez Campos, David Gómez Cardoso e Milagros Carmen Amador Dacal.
O acordo foi adoptado nunha Executiva Provincial celebrada novamente de maneira telemática e na que houbo unha amplísima participación, e inclúe tamén a designación de Luis Piña, secretario provincial de Organización, como colaborador e observador nas tres xestoras.
O secretario xeral provincial, David Regades, explicou que as Xestoras de O Porriño, As Neves e O Rosal funcionarán como órgano de transición, encargado de organizar a asemblea de militantes que dea paso ás novas Executivas municipais, un proceso que agora mesmo é imposible de abordar por mor das restricións derivadas da pandemia de COVID19. As asembleas, explicou, celebraranse cando as condicións sanitarias o permitan. Regades subliñou que o diálogo presidiu o proceso de designación e agradeceu a colaboración de toda a militancia. “O obxectivo ata que tomen posesión as novas Executivas é dinamizar o partido, garantindo a súa relación coa sociedade, e conducir o proceso de elección das novas direccións locais sempre co respecto á cultura de democracia interna que caracteriza ao socialismo”.
Regades fixo fincapé na tradición de diálogo que existe no PSdeG-PSOE provincial “onde as cousas se falan dentro para fortalecernos e centrar as nosas enerxías en presentar proxectos sólidos á sociedade”. Unha traxectoria que recalcou, é valorada pola cidadanía, como demostran as 22 alcaldías socialistas da provincia e o feito de que máis de 600.000 das/os máis de 900.000 pontevedresas/es conten con gobernos dirixidos ou apoiados polo Partido Socialista

Relacionadas

A choiva dá unha tregua a veciánza de Lantaño para que poida saír en...

0
O alcalde, Ricardo Martínez, encabezou a comitiva que tras saír da capela foi do Cruceiro do Culebrón ao de Paredes e regreso acompañada do...

Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en...

III Encontro de Igualdade da provincia de Pontevedra

0
Os Comandos Cova de Cova Terreña e Rochas Violetas do IES Primeiro de Marzo uníronse nesta xornada moderada por Chus Oliveira, recoñecida figura en...

Smart Mobility Marín: unha aplicación para consultar en tempo real a ocupación dos aparcadoiros...

0
A App pode descargarse nos móbiles e é un dos piares do proxecto Smart Citie, que se financiou a través de Marín Dusi, e...

O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no...

0
O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai. Para iso, puxo...

O Concello de Marín celebra o Día das Letras Galegas con actividades durante todo...

0
Marín quere aproveitar o Día das Letras Galegas, celebrándoo ao longo do mes coa programación de distintas actividades.  O Concello de Marín programou unha axenda...

Publicacións Relacionadas