Home Pontevedra A Paradanta A Xunta outorga 38.544 horas anuais máis de Axuda no Fogar para...

A Xunta outorga 38.544 horas anuais máis de Axuda no Fogar para dependentes aos concellos de Ponteareas, Crecente, Arbo e As Neves

- Anuncio -

A Consellería de Política Social concede 34.764 horas máis á capital do Condado, o que supón a maior suba de toda a provincia, co 65,6%, ata chegar á prestación de 87.744 horas por exercicio
Arbo e Crecente disporán, dende este mesmo ano cun aumento de 1.600 horas para este servizo e As Neves incrementarao en máis de 550
A delegada territorial da Xunta, Luisa Piñeiro, informa desta concesión aos alcaldes e concelleiros de Servizos Sociais nunha reunión telemática

A Consellería de Política Social vén de aumentar o investimento no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para a atención de persoas dependentes en toda a comunidade, a partires deste mesmo ano, en 10 millóns de euros. Ao abeiro desta medida, catro concellos das bisbarras do Condado e A Paradanta van dispoñer de 38.544 horas máis cada exercicio.

O Concello de Ponteareas vai ser un dos grandes beneficiarios da alza do orzamento do SAF para dependentes de toda Galicia no presente exercicio, que chegará ata os 83,6 millóns de euros, xa que vai recibir o maior incremento desta prestación en toda provincia posto que recibirá 34.764 horas máis por ano, un 65,6%, ata alcanzar as 87.744.

Ademais da capital da bisbarra, Política Social tamén vai conferir outros incrementos desta teleasistencia a outros tres municipios desta zona. Así, Crecente vai dispoñer, dende este mesmo ano, de 1.620 horas máis; Arbo contará cunha alza de 1.608; mentres que As Neves incorporará un total de 552 ata situarse por riba da barreira das 20.000 unidades de atención por exercicio.

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, informou desta concesión aos alcaldes e concelleiros de Servizos Sociais dos catro concellos beneficiarios desta zona nunha reunión telemática celebrada na xornada de hoxe. Na mesma explicoulles que este incremento do SAF determinouse de oficio por parte dos servizos técnicos da consellería aplicando o criterio da lista de agarda de cada un dos municipios para poder atender a máis usuarios, especialmente na actual situación polos efectos sociais da crise sanitaria da covid-19.

En total, na provincia de Pontevedra vanse beneficiar desta medida un total de 32 concellos, que gozarán en conxunto dun incremento de 463.000 horas anuais de atención a dependentes ata chegar a case 2 millóns por exercicio, o que supón un ascenso do 30,5% nestes territorios.

Incremento do SAF para dependencia nas bisbarras do Condado e A Paradanta
Tras a xuntanza, Luisa Piñeiro destacou a “absoluta implicación” da Xunta de Galicia coa atención ás persoas en situación de vulnerabilidade, “con especial fincapé nas que sofren dependencia, que son as que se atopan máis desamparadas, sobre todo coa crise da covid-19, e que precisan que o Goberno galego estea ao seu lado, polo que ese é o noso compromiso e o que estamos a facer con este forte incremento da teleasistencia”.

Máis fondos para dependencia
Finalmente, revelou que unha das grandes reivindicacións do executivo autonómico co Goberno de España na cobertura económica da dependencia estase comezando a conseguir, xa que o Estado incrementará en 45 millóns a súa partida global para a dependencia en Galicia, alcanzando os 141 millóns de euros. “A cifra segue a ser insuficiente e incumpre a normativa, xa que fixa o 50% para cada administración e ata a data a Xunta poñía 304 millóns e o Estado os 96 restantes, o que nos impedía aumentar a dotación aos concellos. Pero en todo caso, é un avance despois de moito insistir e nos permitirá atender un pouco mellor as constantes demandas dos municipios, aos que ata agora non podíamos darlles máis horas porque o Estado só aportaba o 24% dos 400 millóns de euros que precisa cada ano toda a atención da dependencia en Galicia, na que o SAF xoga un papel importante pero non exclusivo”, concluiu a delegada territorial.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas